Concello
Mariñas Coruñesas completa un plan turístico de 1,5 millóns con actuacións nos seus 17 concellos
A Reserva de Biosfera pecha cun 100 % de execución o seu Plan de Sostibilidade Turística, que deixa novas infraestruturas de ecoturismo, mobilidade eléctrica e accesibilidade no territorio
A saraibada deixa máis de 700.000 euros en perdas e o Concello de Curtis pedirá a declaración de zona afectada por emerxencia
O pleno aproba por unanimidade solicitar a declaración de zona afectada por emerxencia de protección civil e dá luz verde a novos investimentos e cambios urbanísticos
Últimos días para solicitar en Arteixo as axudas municipais que impulsan a creación de empresas e a contratación
O prazo permanecerá aberto ata o 30 de setembro e a convocatoria inclúe dúas liñas de subvención dirixidas ao tecido empresarial
O Servizo Municipal de Emerxencias de Sada incorpora un novo camión para actuar no rural e en zonas de difícil acceso
O vehículo 4x4, equipado cun depósito de 1.000 litros de auga, permitirá mellorar a resposta en incendios, intervencións urbanas e na retirada de niños de avespa velutina
Recorren os novos pregos do Servizo de Axuda no Fogar da Coruña por posibles deficiencias laborais e de contratación
Movemento Sumar Galicia-A Coruña presenta unha impugnación ante o TACGAL ao considerar que o contrato amplía funcións sen concretar melloras para o persoal
Ordes e Frades investirán 67.000 euros nunha miniexcavadora para reforzar a conservación ambiental
Os dous concellos licitan a adquisición dunha máquina e dun remolque, financiados en parte polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta
Curtis impulsa o envellecemento activo cun taller de risoterapia e dinámicas de grupo para persoas maiores
O programa 'Ao teu Carón' reuniu a 50 participantes en Curtis e Teixeiro e atendeu a 88 persoas ao longo do ano mediante diferentes actuacións
O IES de Viós renovará a pista polideportiva cun investimento de máis de 96.000 euros
O Concello de Abegondo e a Xunta cofinanciarán a actuación, que permitirá modernizar unha instalación utilizada polo alumnado e polos clubs deportivos do municipio
O ascensor panorámico do Monte de San Pedro non volverá funcionar e converterase nun miradoiro
O Concello da Coruña descarta a súa reparación ao considerar que chegou ao final da súa vida útil e que a normativa actual impide poñelo de novo en servizo
As obras de renovación do parque de Santa Margarida entran na súa fase final
O Concello ultima a modernización deste espazo verde con novas zonas deportivas, áreas infantís, melloras de accesibilidade, máis arborado e novos espazos axardinados de cara á Romaría de finais de agosto
O Día da Bicicleta regresará a Arteixo o 23 de agosto cun percorrido de 16 quilómetros para toda a familia
A segunda edición da cita partirá ás 11.00 horas e percorrerá distintas parroquias do municipio con inscrición gratuíta e uso obrigatorio do casco
Unha nova oportunidade laboral chegará a Arteixo con 20 prazas de formación remunerada en construción
O programa experiencial 'RenÓbrate' combinará nove meses de aprendizaxe e traballo en espazos públicos municipais co obxectivo de mellorar a inserción laboral
O PSOE de Arteixo pide o apoio do pleno aos traballadores de Ferroglobe afectados polo ERTE de 17 meses
Os socialistas reclamarán un plan de viabilidade para a planta de Sabón e máis presión ante a UE fronte á competencia do silicio chinés
Aberto o prazo para participar na excursión de Irixoa ao Aquapark de Cerceda
A saída será o 17 de agosto e as inscricións permanecerán abertas ata o 7 de agosto, con prazas gratuítas para os participantes no campamento de verán
Aranga recibiu máis de 132.000 euros da Xunta para mellorar a Casa do Concello, a OMIX e un edificio educativo
Belén do Campo supervisou as actuacións financiadas co Fondo de Compensación Ambiental e destacou o investimento realizado entre 2025 e 2026
Sada e Bergondo reclamarán á Xunta a súa incorporación á futura área conxunta de taxis da Coruña
Ambos os concellos consideran inxustificada a súa exclusión da proposta inicial e defenden que forman parte da realidade metropolitana da área coruñesa
Culleredo licita por máis de 266.000 euros a mellora da seguridade viaria nos accesos ao IES Eduardo Blanco Amor
O proxecto renovará a rúa Condes de Andrade e o acceso ao centro educativo con novas beirarrúas, iluminación LED, pasos sobreelevados e melloras nas redes de servizos
A Fundación Laboral da Construción e o Concello de Arteixo impulsan un programa para formar e contratar a persoas desempregadas
A iniciativa, promovida coa Xunta de Galicia, combinará formación e experiencia laboral durante nove meses con actuacións de mellora en espazos públicos do municipio
O Concello da Coruña este venres o reparto de caixas para observar con seguridade a eclipse do 12 de agosto
As familias con menores de 10 anos que asistan ás sesións infantís do Planetario recibirán este sistema de observación indirecta do Sol




