Novas de Curtis
Os empresarios de Curtis-Teixeiro reclaman limpar a presa do Mandeo ante a perda do 70% da súa capacidade
A acumulación de lodos, fango e vexetación reduce o volume útil da infraestrutura e preocupa ao tecido industrial pola garantía do abastecemento de auga
O Concello de Curtis exixe unha solución aos continuos cortes de luz que afectan ó municipio
O Gobierno local reclama a Unión Fenosa Distribución unha revisión urxente da rede ante as interrupcións que afectan aos fogares, comercios e empresas de diferentes zonas
A veciñanza de Teixeiro elixe un paso inferior peonil para recuperar a conexión entre ambos lados da vía
A terceira das catro alternativas propostas por Adif obtén o 61% dos apoios nun proceso participativo no que o Concello de Curtis recibiu 202 solicitudes
A falta de médicos deixa durante horas sen facultativo o centro de saúde de Curtis e a situación chega ao Parlamento
O PSdeG denuncia a situación vivida en Teixeiro e reclama á Xunta explicacións pola planificación sanitaria do verán e datos sobre as incidencias na comarca
O Concello de Curtis ampliará o ximnasio do pavillón municipal
A sala de máquinas gañará espazo ata acadar os 188 metros cadrados cun investimento de máis de 50.000 euros
Cinco novos pozos permitirán achegar máis dun millón de litros de auga ao día á rede de Curtis
A actuación, cun investimento superior aos 25.000 euros, reforzará o abastecemento do polígono industrial e da ETAP da Ratona en plena prealerta por escaseza
Curtis prepara a XXVI Exaltación dos Cogomelos con gastronomía, divulgación micolóxica e música
A cita celebrarase os días 24 e 25 de outubro e combinará unha ruta polos establecementos hostaleiros do municipio, unha exposición de cogomelos e actividades como unha saída micolóxica e a XI Ruada de Teixeiro
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
Curtis abre á veciñanza a elección das alternativas para mellorar a permeabilidade da vía en Teixeiro
O Concello recollerá propostas sobre as catro opcións formuladas por Adif, que inclúen dous pasos elevados e dúas solucións soterradas
As alternativas para recuperar o paso sobre a vía do tren presentaranse este xoves á veciñanza de Teixeiro
O Concello de Curtis explicará as catro propostas formuladas por Adif para substituír o paso a nivel da estación, pechado hai meses
Curtis recibe un recoñecemento polas súas boas prácticas ambientais na conservación das sebes autóctonas
A restauración de corredores ecolóxicos, a plantación de máis de 1.100 árbores e as actuacións para favorecer a biodiversidade sitúan ao municipio como referente no coidado da paisaxe
Curtis celebra as vodas de prata da Festa do Cabalo de Teixeiro cunha intensa xornada ecuestre
A cita reunirá o 2 de agosto competicións oficiais, o Campionato Galego de Enganches e un espectáculo ecuestre para conmemorar a súa XXV edición
Curtis celebrará o Día da Bici cun percorrido entre Teixeiro, Curtis e San Roque de Xabriño
A cita terá lugar o 8 de agosto e as inscricións permanecerán abertas ata o día 4, con avituallamento, trofeos e o sorteo dunha bicicleta de montaña
Curtis viaxará ao pasado coa X Feira 1900, dedicada á música e ao baile tradicional galego
A programación dos días 25 e 26 de xullo inclúe concertos, teatro, demostracións de oficios, exposicións, obradoiros, xogos tradicionais e showcookings
O PSdeG de Curtis celebra o avance do proxecto para mellorar os accesos da N-634 en Sesmonde
Os socialistas consideran que a aprobación provisional do Ministerio permitirá reforzar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado pola veciñanza de Teixeiro, Curtis e a contorna
Un bando urxente restrinxe o uso de auga potable en Curtis para evitar cortes de subministro
A escaseza de precipitacións e a caída das reservas obrigan o Concello a prohibir tarefas non esenciais como o de encher piscinas ou regar hortas
Eventos
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Xosé Lois Romero e Aliboria protagonizarán o cartel musical da Feira 1900 de Curtis
O evento, dedicado este ano á música e ao baile tradicional, celebrará os concertos os días 25 e 26 de xullo
O director de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles pregoará a Feira 1900 de Curtis
O responsable autonómico abrirá unha recreación histórica que busca captar visitantes e consolidarse como referente cultural do verán
Un plan de modernización dixital modificará o sinal de televisión de 1.400 veciños en Curtis
O centro de emisión de Teixeiro apaga este luns de forma preventiva unha das súas canles principais antes do cambio definitivo de novembro
A Casa Museo María Antonia Dans acolle ata finais de agosto a exposición 'El pulso que permanece' de Castrolara
A mostra reúne 30 obras entre as que figuran retratos de personalidades como a pintora mexicana Frida Kahlo, a escritora Emma Goldman, a actriz Marilyn Monroe e referentes galegas como Rosalía de Castro
O reasfaltado de dúas estradas mellorará de forma notable a seguridade viaria en Curtis e Vilasantar
A Deputación da Coruña pon en marcha as obras de mellora do firme cun investimento que supera os 326.000 euros
A vaga de calor activa a alerta amarela no interior da provincia da Coruña
Sanidade recomenda extremar as precaucións ante un episodio de altas temperaturas que afecta a varios concellos da comarca
Varios plans de asfaltado mellorarán a seguridade de catro accesos rurais en Curtis
O Concello mobiliza máis de cento corenta e dous mil euros para renovar o firme e ampliar un dos camiños principais









