Novas de Ordes
Ordes acollerá unha charla informativa sobre o acollemento familiar de menores
A sesión celebrarase o venres 20 de novembro no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal e abordará o funcionamento do sistema de protección e a necesidade de novas familias acolledoras
Tres empresas optan á medalla de ouro de Ordes pola súa traxectoria e achega económica ao municipio
O Pleno iniciou os expedientes para recoñecer a MACOGA, Internaco e ao Grupo Ramón García, unha proposta que saíu adiante coa abstención do PSOE
Os Bolechas regresan a Ordes coa súa nova aventura musical ‘Aquí hai moito ruído!’
A familia máis popular da animación galega actuará este sábado 7 de novembro, ás 12.00 horas, no auditorio María del Carmen Regueira Amor da Casa da Cultura
As unidades móbiles de doazón de sangue estarán na Coruña e en Ordes os días 2 e 3 de novembro
A campaña fará unha parada no aparcadoiro da Facultade de Informática do campus de Elviña o luns e detrás do Concello de Ordes o martes pola tarde
O Soldado Lois recibirá unha homenaxe en Ordes este domingo no cemiterio do Piñeiro
A conmemoración incluirá unha misa, unha ofrenda floral e a tradicional parada militar do Terzo Norte de Infantería da Mariña de Ferrol
Cinco novos murais enchen de arte e historia o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía
A terceira edición de 'Arte no Camiño' incorpora obras en Mazaricos, Oroso, Mesía, Abegondo e Ordes. A iniciativa da Deputación da Coruña suma xa 14 creacións que mesturan paisaxe, memoria local e experiencias dos peregrinos
Ordes abre a inscrición para o concurso gastronómico 'Saborea o outono'
Os bares e restaurantes poden anotarse ata o 10 de novembro para participar nun certame que se celebrará os días 20 e 21 e ofrecerá petiscos a un prezo único de dous euros
A comida solidaria contra o cancro en Ordes congrega a 380 persoas no pavillón Campomaior
O encontro, celebrado o domingo, contou con representantes institucionais da comarca, profesionais do ámbito científico e sanitario, e numerosos veciños e veciñas que se sumaron á causa
Pablo Vidal será o candidato do BNG á alcaldía de Ordes de cara ás eleccións de 2027
O portavoz municipal do BNG encabezará por terceira vez a lista nacionalista, nun acto de presentación previsto para o 22 de outubro na Casa da Cultura de Ordes, coa participación da portavoz nacional do partido, Ana Pontón
Os escaparates de Ordes buscan novos artistas para celebrar o Samaín no comercio local
AECOR convoca un concurso infantil no que os nenos e nenas poderán crear os seus propios adornos e optar a unha cesta de xogos de mesa
Ordes acollerá o 18 de outubro unha comida solidaria contra o cancro
A cita terá lugar no pavillón Campomaior e os fondos recadados destinaranse á investigación oncolóxica e a manter servizos gratuítos para pacientes e familiares
Máis de 130.000 euros para mellorar o abastecemento de auga en Montaos
Ordes licita a construción dun novo depósito e dun grupo de presión con catro electrobombas na parroquia de Santa Cruz de Montaos
O BNG de Ordes leva ao pleno propostas sobre a AP-9, os servizos da Piolla e o tráfico
A formación tamén reclamou melloras na recollida de papel e diversas actuacións de seguridade e mobilidade en varios puntos do municipio
Ordes destina case 50.000 euros a apoiar ás familias con material escolar e axudas á natalidade
As dúas convocatorias xa están abertas e permitirán solicitar ata outubro achegas para gastos educativos e para os menores nados ou adoptados durante 2025
Unha parella, unha cea e moitos segredos: 'Cotorras' estrea en Ordes unha comedia sobre o machismo cotián
Luis Iglesia e Victoria Teijeiro protagonizan a nova montaxe de Malasombra Producións, que naceu tras un mes de residencia artística na localidade
Máis de 444.000 euros para construir unha nova senda cara a Lavandeira e beirarrúas no Bidueiro
As obras, financiadas integramente con fondos propios, permitirán mellorar a seguridade peonil e a recollida de augas pluviais
O luns comeza o levantamento das actas previas para construír a nova senda peonil entre Ordes e Carral
As persoas propietarias dos terreos afectados deberán acudir entre as 10.00 e as 12.00 horas á nave agraria do Mesón do Vento para formalizar a documentación previa á ocupación
Eventos
OcioenGalicia
Cocido de Porco Celta de Sarria
OcioenGalicia
129 aniversario de Avelino Díaz en Riotorto y Meira
As obras para mellorar o firme das estradas da comarca xa están en marcha con 3,5 millóns de euros
A actuación da Xunta afecta vías de Betanzos, Bergondo, Sada, Oleiros, Oza Cesuras e Ordes, dentro dun programa que permitirá renovar 65 quilómetros na provincia
A música tradicional tomará as rúas de Ordes cunha nova edición da Convidada
A sexta edición celebrarase o 10 de outubro con obradoiros, sesión vermú, cantos de taberna e unha gran foliada aberta á participación
Máis de 15 deportes poderán probarse este venres nunha nova xornada deportiva en Ordes
O Campo da Feira acollerá de 17.00 a 20.30 horas unha cita con clubs e entidades locais para dar a coñecer a oferta deportiva do municipio
Ordes terá este luns unha nova oportunidade para doar sangue sen saír do municipio
A unidade móbil estará detrás do Concello, entre os parques municipais, con horario de mañá e tarde
Máis de 850 maiores de Ordes reuniranse este sábado nunha gran xornada de homenaxe
A tradicional xuntanza incluirá misa, xantar popular e música no pavillón Castelao II, cun menú baseado en produtos galegos
Unha nova sala de lectura 24 horas transformará as antigas oficinas da Mancomunidade
O Concello de Ordes licita por case 200.000 euros a creación dun espazo cultural multiusos conectado coa biblioteca municipal
O Concello de Ordes convoca unha concentración pública en apoio á cidade autónoma de Ceuta
O acto terá lugar o vindeiro mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, na entrada do antigo Concello







