Novas de Carral
O Concello de Carral renova a pista polideportiva de Canedo cun investimento de case 48.000 euros
A instalación do Local Social do Canedo conta cun novo pavimento de formigón, un sistema de drenaxe mellorado e equipamento para practicar fútbol sala e baloncesto
María Bilbao e Iago Seoane, subcampións da Copa de Europa de danza sobre rodas
A parella do Club Patinaxe Alquimia proclamouse tamén subcampioa de España e campioa galega na categoría sénior, tras unha tempada de destacados resultados
O PSOE de Carral denuncia que os orzamentos da Xunta para 2027 non reservan fondos para o centro de saúde nin para a residencia
Os socialistas destacan os 678.500 euros previstos para ampliar o CEIP Vicente Otero Valcárcel, pero critican a ausencia de partidas para outras demandas municipais, como a depuradora do Quenllo
Carral estuda melloras na rede de saneamento de San Vicente e Cañás
O obxectivo é renovar ambas as redes para que as augas residuais cheguen á depuradora de San Vicente, que xa conta con capacidade abonda
Carral acolleu unha actividade para poñer en valor a tradición panadeira e a convivencia
O municipio foi escenario dun obradoiro participativo dentro do proxecto 'Camiño á Afouteza: experiencias colectivas de resiliencia no Camiño Inglés'
Tres concellos reforzan a atención temperá ás familias con servizo compartido ata 2028
Abegondo, Bergondo e Carral renovan o acordo para manter un recurso que xa atende a decenas de menores cada ano e que está financiado integramente pola Xunta
O CEIP de Tabeaio estrena novas ventás, teitos e iluminación tras unha reforma de 41.000 euros
As obras melloran o illamento e o confort do centro educativo de Carral e foron executadas durante o período non lectivo para evitar molestias ao alumnado
Inaugurado o Roteiro da Memoria As Catalinas, un novo lugar de memoria sobre a represión de 1936
O percorrido recupera a historia das persoas asasinadas nas Catalinas, en Beira, e contribúe a preservar a memoria das vítimas da represión franquista
Un percorrido da memoria recuperará este sábado a historia das vítimas de 1936 en Beira
O Roteiro da Memoria 'As Catalinas' percorrerá 1,92 quilómetros por un dos lugares vinculados á represión franquista na provincia da Coruña
O futuro da FP Básica no IES de Carral chega hoxe ao Parlamento tras meses de conflito e sen chegar a impartirse
A Comisión 4ª de Educación e Cultura aborda este mércores as preguntas do PSdeG sobre a decisión da Xunta, a falta de espazos e a planificación dun ciclo que finalmente quedou sen alumnado suficiente
A fotografía e a memoria de Carral únense nunha tarde de homenaxe a José Gestal 'Cardoña'
O Campo da Feira acollerá este venres a presentación do concurso de fotografía dedicado ao histórico fotógrafo carralés, a inauguración da exposición do VII Concurso Manuel Ferrol e unha actuación musical de Silva Penide
Carral investirá 124.938 euros para renovar o equipamento do Complexo Deportivo
A adquisición de novas máquinas e material para o ximnasio culminará un proxecto de modernización que tamén permitiu ampliar os espazos e mellorar as instalacións
A Xunta anuncia agora 1,4 millóns para ampliar o colexio de Carral tras meses de reclamacións da comunidade educativa
O proxecto, que estaba previsto inicialmente con 800.000 euros para 2026, non se licitará ata o primeiro trimestre de 2027 e chega despois das protestas das familias pola falta de espazos e persoal de apoio
Carral defende por seguridade o cambio de ubicación das atraccións do Socorro e ofrece terreos alternativos
O Concello considera necesario manter libres os viais para garantir o acceso de ambulancias e camións de bombeiros e asegura que busca unha solución cos feirantes
Un apagón de case 20 horas deixa sen luz a miles de veciños dos concellos das Mariñas
A avaría afectou a uns 3.500 usuarios de varios municipios, entre eles Abegondo, Carral, Oza Cesuras, Curtis e Ordes, e tamén provocou problemas de cobertura móbil e subministración de auga nalgunhas zonas
As bancadas de Os Capelos avanzan tras un ano de polémica política arredor do proxecto
A actuación contará con 858.885 euros de investimento e Alternativa dos Veciños cuestiona que o actual Goberno presente como propio un proxecto que xa estaba preparado e financiado parcialmente en 2025
Carral, Miño e Ordes reciben máis de 1,3 millóns de euros da Xunta para mellorar as súas infraestruturas
Os tres concellos executarán proxectos deportivos que mobilizarán un investimento conxunto de máis de 2,8 millóns de euros
Eventos
A Festa da Auga de Carral chega este sábado para poñer o broche ao verán nas piscinas municipais
A sétima edición ofrecerá catro horas de diversión con tobogáns e inchables acuáticos, Festa da Auga e Festa da Espuma
Menos dunha semana para gozar dunha gran festa familiar con música, inchables e comida en Carral
A Festa do Verán en Familia celebrarase o sábado 22 de agosto na área recreativa da Brexa con sesión vermú, festa da escuma, inchables acuáticos e a actuación de Ángel Habana
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
O Consorcio As Mariñas impulsa un novo contrato para mellorar a recollida do lixo nos oito concellos
O pleno aproba por unanimidade os pregos dun servizo valorado en máis de 16 millóns de euros anuais, que reforzará a reciclaxe e a xestión dos puntos limpos
Soavila gañará novas beirarrúas e unha rede de drenaxe para mellorar a seguridade viaria
O Concello de Carral inicia unhas obras que completarán a canalización de pluviais e reducirán as acumulacións de auga na calzada
O fútbol de verán regresa a Carral cun amigable entre a U.D. Carral e o Atlético Coruña
O Campo do Castro acollerá este sábado a quinta edición dun torneo que xa se consolidou no calendario deportivo estival do municipio










