Novas de Vilarmaior
Vilarmaior ofrece un obradoiro de competencias dixitais para maiores de 55 anos
O programa Expertclick desenvolverase os martes 10 e 17 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, e require inscrición previa por teléfono
Os coches históricos toman as estradas da provincia cun Rallye Rías Altas que atravesará oito concellos
A proba reunirá 158 pilotos e copilotos e terá tramos cronometrados en Paderne, Irixoa, Aranga e Monfero durante este venres e sábado
Vilarmaior abre o prazo de inscrición para as actividades infantís de robótica e multideporte
As propostas comezarán o 1 de outubro e están dirixidas a nenos e nenas de Infantil e Primaria
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
Os vehículos agrícolas poderán pasar a ITV nunha unidade móbil que percorrerá Vilarmaior en outubro
As inspeccións realizaranse en Grandal os días 8, 9 e 13 e en Vilarmaior do 14 ao 16, sempre con cita previa
Vilarmaior prepárase para tres días de festas na honra da Virxe das Neves
A programación combina verbenas, sesións vermú, música tradicional e actuacións para animar a celebración entre o 28 e o 30 de agosto
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
'Queremos recuperar a esencia das romerías tradicionais galegas mesturando tamén a vangarda que crea continuamente a xente nova': así é A Muinhada, o festival arredor do río Lambre
A asociación A Chalana Cultural celebra a quinta edición desta cita na Central Hidroeléctrica de Goimil, en Vilarmaior, cun programa que combina música, patrimonio, teatro, artesanía e natureza
Unha forte vaga de calor dispara o consumo de auga en Vilamaior e pon en risco o abastecemento municipal
O Goberno local alerta de que o gasto medio do pasado fin de semana superou os 300.000 litros diarios por mor dos regos nocturnos e o enchido de piscinas
O Peque Coro do Xan Viaño ofrece hoxe un concerto na Casa da Cultura de Vilarmaior
A formación infantil de Ferrol actuará ás 17.00 horas cun repertorio que combina música coral clásica, pezas populares e temas contemporáneos
Un obradoiro forestal dará formación e emprego a 20 persoas en Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior
O programa Lambre Mandeo durará nove meses e permitirá actuar en rutas, áreas recreativas, espazos naturais e zonas de uso social dos catro concellos
Buscan socorristas para cubrir o servizo da piscina municipal de Vilarmaior
O Concello abriu unha chamada para localizar persoal de cara á tempada estival e pide ás persoas interesadas que contacten por teléfono
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
Aberto o prazo para o campamento de conciliación de verán en Vilarmaior
As actividades desenvolveranse en xullo e agosto no Pavillón Municipal e na Casa da Cultura, con inscricións do 4 ao 25 de xuño
Unha tarde de teatro e solidariedade levará 'A Mula de Don Pedro' a Vilarmaior
O grupo 'La Segunda Juventud' actuará o sábado 30 de maio na Casa da Cultura, nunha cita con entrada aberta e donativos voluntarios para a Asociación Princesa Rett
Flores, cabalos e moito ambiente nunha feira que volveu encher O Tres
A Feira das Flores de Vilarmaior reuniu unha gran afluencia de público nunha xornada con postos de artesanía, comida, plantas e exhibicións arredor do mundo animal
Un obradoiro gratuíto ensinará exercicios para coidar o chan pélvico en Vilarmaior
A actividade desenvolverase os días 3, 10 e 17 de xuño na Casa da Cultura e abordará hábitos posturais, exercicios hipopresivos e técnicas de Kegel
Eventos
OcioenGalicia
Cocido de Porco Celta de Sarria
OcioenGalicia
129 aniversario de Avelino Díaz en Riotorto y Meira
Un curso axudará ás persoas maiores a manexar o móbil e facer trámites dixitais en Vilarmaior
A formación celebrarase os luns 1, 8, 15 e 22 de xuño na Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 12.30 horas
A Xuntanza do Maior volverá reunir á veciñanza de Vilarmaior nunha nova xornada de convivencia
O Concello celebrará o 23 de maio a novena edición dunha cita xa asentada no calendario local, cun programa que combinará misa, sesión vermú, xantar e música en directo
Unha excursión a Portugal marcará a próxima saída da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior
A entidade organiza para o sábado 2 de maio unha viaxe a Vilanova de Cerveira con visita á feira, tempo libre e percorrido pola fortaleza e as tendas típicas
Unha viaxe á feira de Padrón mobiliza a actividade social de 'La Segunda Juventud'
O grupo de teatro da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior organiza para o 10 de maio unha excursión con saída ás 9.00 horas, regreso previsto ás 19.00 horas e un prezo de 40 euros que inclúe bus, seguro e comida.
O servizo de podoloxía regresará en abril a Vilarmaior para atender ás persoas maiores e dependentes
As sesións desenvolveranse os días 27 e 28 na Casa da Cultura de Vilarmaior e a inscrición poderá formalizarse ata o xoves 23 de abril a través dos Servizos Sociais
A Xunta reforza con Vilarmaior a cooperación para impulsar emprego en tarefas de interese social
José González reuniuse co alcalde Carlos Vázquez para avanzar en iniciativas como Galicia Suma Talento: Rural Activo e os obradoiros duais, dous programas chamados a mellorar a inserción laboral no rural
'A Mula de D. Pedro' levará o teatro afeccionado de Vilarmaior ata Monfero o 22 de marzo
O grupo 'La Segunda Juventud', da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior, actuará no local social das Travesas cunha entrada solidaria de 3 euros







