A Casa Niño Barbarito abre a preinscrición para solicitar praza en Vilarmaior

ACoruñaXa | FerrolXa
O novo servizo ofrecerá atención gratuíta a un máximo de cinco nenos e nenas de entre tres meses e tres anos na parroquia de Vilarmaior
vilarmaior casa niño os poliños do tres
Casa niño 'Os poliños do tres'
2 Nov 2026

A próxima apertura da Casa Niño Barbarito permitirá ampliar os recursos de conciliación familiar no concello de Vilarmaior. As familias interesadas en conseguir unha praza para os seus fillos e fillas xa poden realizar a preinscrición mediante o formulario habilitado para este proceso.

A solicitude debe enviarse por correo electrónico ao enderezo cnbarbarito@gmail.com, que tamén servirá como canle de contacto para as persoas que precisen máis información sobre o servizo.

O centro estará situado en Armada número 16, baixo, na parroquia de Vilarmaior. A Casa Niño ofrecerá atención integral e personalizada a nenos e nenas de entre tres meses e tres anos, nun grupo reducido de ata cinco participantes.

O servizo contempla a atención das necesidades básicas da infancia, incluíndo alimentación, hixiene e descanso, e desenvolverase de xeito flexible, con garantías de seguridade e calidade. Ademais, terá carácter gratuíto para as familias usuarias.

Este modelo de atención busca facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, especialmente nos municipios rurais, onde a dispoñibilidade de recursos para a primeira infancia pode ser máis limitada. A iniciativa tamén pretende favorecer a igualdade de oportunidades no acceso aos servizos, independentemente do lugar de residencia.

0.16144895553589