Novas de Abegondo
Betanzos lidera un plan de emprego para 100 persoas desempregadas xunto a nove concellos da comarca
A iniciativa combinará formación, orientación e prácticas en empresas durante doce meses
O ximnasio municipal de Abegondo recibirá 52.000 euros en novo equipamento coa reforma de San Marcos na recta final
O Concello adxudicou por 43.439 euros o subministro de máquinas profesionais e investirá outros 9.000 euros en espellos para as salas do complexo deportivo, cuxas obras supoñen un desembolso de 1,7 millóns
Varios concellos da comarca da Coruña gardan silencio polo accidente ferroviario de Los Yébenes
Abegondo, A Coruña, Betanzos, Miño, Ordes, Paderne e Sada convocan un minuto de silencio este mércores ás 20:00 horas, mentres que Arteixo fará o acto o xoves ao mediodía
A Xunta reorganiza os buses interurbanos da Coruña entre as críticas pola saturación e a falta de prazas
A nova terminal da intermodal abrirá o 3 de novembro e obrigará a modificar os percorridos de cinco corredores de acceso á cidade, mentres o PSOE de Arteixo, o BNG e varios concellos reclaman melloras no transporte metropolitano
O ‘Camiño das Ánimas’ encherá Beche de terror e diversión polo Samaín
A andaina celebrarase o sábado 31 de outubro a partir das 19.30 horas e incluirá maquillaxe terrorífica, magosto, música e varias sorpresas
Máis de 2,7 quilómetros de novas tubaxes para completar o saneamento de Crendes e Orto
A Xunta e o Concello de Abegondo investirán 1,53 millóns de euros nunha actuación que permitirá atender a uns 430 veciños no horizonte de 2046
As Mariñas Coruñesas impulsan 51 proxectos para transformar espazos naturais dos seus 17 concellos
O plan 'Proxecta Paisaxe' mobilizaría 5,29 millóns de euros e aposta pola restauración ecolóxica, as sendas peonís, a adaptación climática e a protección dos recursos hídricos
O caos do transporte na Coruña e Ferrolterra reabre o debate sobre como moverse sen coche
ADEGA reclama máis capacidade e planificación nos autobuses, recuperar o tren de proximidade e mellorar as conexións para bicicletas ante o aumento de usuarios e as queixas por atrasos e falta de prazas
Abegondo da luz verde a un investimento de máis de 1,9 millóns para mellorar o saneamento de Orto, Crendes e Limiñón
A Corporación aprobou por unanimidade o convenio para ampliar a rede en Orto e Crendes e destinou outros 409.924 euros do POS Adicional a unha actuación en A Fraga
A ITV Agrícola volverá a Abegondo en outubro para facilitar a revisión da maquinaria do campo
A unidade móbil estará na explanada do local social de Presedo durante cinco xornadas e será necesario solicitar cita previa
Ordes e Abegondo animan aos afectados polo apagón a reclamar polos danos sufridos
Os dous concellos facilitan aos veciños os trámites para solicitar a correspondente compensación polas perdas provocadas pola interrupción da subministración eléctrica dos días 25 e 26 de agosto
Viós prepárase para unha tarde de música con entrada libre no Aghora Viós Fest
O festival, organizado pola Asociación de Veciños de Viós, reunirá este sábado seis propostas musicais no Campo da Festa a partir das 18.00 horas
Unha noite entre avelaíñas para descubrir a biodiversidade do encoro de Cecebre
A actividade será este sábado 15 de agosto e permitirá observar polinizadores nocturnos mediante unha trampa de luz na contorna do encoro
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A mocidade de Abegondo poderá mergullarse na robótica, a impresión 3D e a programación
Os obradoiros Tech Kids celebraranse os días 2, 3 e 4 de setembro na Aula CeMIT e estarán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos
O Consorcio As Mariñas impulsa un novo contrato para mellorar a recollida do lixo nos oito concellos
O pleno aproba por unanimidade os pregos dun servizo valorado en máis de 16 millóns de euros anuais, que reforzará a reciclaxe e a xestión dos puntos limpos
O reparto de 2.000 gafas homologadas facilitará a observación segura da eclipse solar en Abegondo
As persoas empadroadas poderán recollelas gratuitamente na Casa do Concello ata esgotar existencias
Eventos
Seis persoas reforzan os traballos de prevención de incendios en Abegondo grazas ao programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo'
A Xunta destina máis de 110.000 euros á contratación de persoal para labores forestais e incorpora por primeira vez a figura dun coordinador municipal
A eclipse de Sol poderá seguirse con seguridade grazas ás 2.000 lentes que repartirá o Concello de Abegondo
O municipio habilitará dous puntos privilexiados para contemplar o fenómeno e lembra as recomendacións para protexer a vista
O IES de Viós renovará a pista polideportiva cun investimento de máis de 96.000 euros
O Concello de Abegondo e a Xunta cofinanciarán a actuación, que permitirá modernizar unha instalación utilizada polo alumnado e polos clubs deportivos do municipio
Abegondo sufrirá cortes de tráfico este mércores pola gravación dunha serie de televisión
As restricións afectarán á Ponte das Margaridas, á estrada entre Seixurra e Cecebre e á AC-221, con desvíos alternativos habilitados
O alcalde de Abegondo concreta coa Xunta a zona verde no patio do CEIP San Marcos
Santiso visitou o centro xunto co xefe territorial da Consellería de Educación tras retirar os históricos barracóns
300 nenos e nenas participaron na segunda edición da Mini BTT de Abegondo
A proba, organizada polo club ciclista Gacela, congregou participantes de entre 3 e 14 anos chegados de distintos puntos de Galicia
A Xunta destina máis de 700.000 euros á remodelación e ampliación do pavillón municipal de San Marcos
As obras permitirán duplicar a superficie do ximnasio, renovar os vestiarios, mellorar a accesibilidade e incrementar a eficiencia enerxética das instalacións deportivas










