Novas de Paderne
Máis de 4 millóns de euros de remanente deixan as contas de Paderne tras o exercicio 2025
O Pleno aprobou a Conta Xeral cos votos do Goberno local e deu luz verde a obras por 96.475 euros nas prazas de Gas e Montecelo
Paderne reforza o apoio escolar cun novo programa gratuíto para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria
As actividades desenvolveranse polas tardes de luns a venres e incluirán clases de inglés, matemáticas, linguas e informática
Paderne anima a participar no seu primeiro concurso de fotografía, que repartirá 900 euros en premios
As inscricións permanecerán abertas ata o 15 de setembro e haberá dúas categorías: móbil e cámara fotográfica
A UNED Sénior Coruña abre a matrícula para o curso 2026/2027 en sete concellos das provincias da Coruña e Lugo
Durante este curso, estará presente nas localidades de Lousame, Brión, Cambre, Paderne, Guitiriz, Xermade e Monfero, grazas á colaboración dos respectivos concellos
A alerta pola escaseza de auga mantense en Arteixo e Culleredo e a prealerta chega a outros 16 concellos da comarca das Mariñas
A Xunta mantén os escenarios de escaseza pese ás últimas choivas e sitúa os encoros de abastecemento de Galicia-Costa no 62,5 % da súa capacidade
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no Anllóns e na Costa da Coruña e sitúa en prealerta boa parte das Mariñas
Arteixo e Culleredo entran en alerta, mentres outros 16 concellos da comarca e da súa contorna pasan a prealerta por escaseza moderada
O peche do acceso á praia da Xurela chega ao pleno de Paderne da man do BNG
Os nacionalistas reclaman información sobre os prazos para reabrir o paso e propoñen negociar cos propietarios para habilitar un acceso público seguro
A Deputación da Coruña reparte preto dun millón de euros entre 52 concellos para impulsar a economía local
Feiras de emprego, campañas comerciais, festas gastronómicas e eventos turísticos recibirán 962.953 euros para fomentar a actividade económica nos municipios
Paderne pecha o acceso á praia da Xurela polo risco de desprendementos
O Concello instala un valado de seguridade na pasarela e nas escaleiras de acceso ao areal mentres non se corrixan as deficiencias detectadas
O Partido Popular denuncia o suposto estado de abandono de varios espazos públicos e rurais en Paderne
A formación opositora sinala a parroquia de Obre como exemplo de desleixo municipal mentres o goberno local de PSOE e BNG defende a súa xestión
As Mariñas Coruñesas avanzan na definición de novos proxectos para impulsar a paisaxe e a biodiversidade
Os 17 concellos da Reserva de Biosfera traballan nun mapa de oportunidades ambientais con actuacións específicas para cada municipio
Unha axuda pública de 200.000 euros impulsa a rehabilitación de dúas edificacións antigas en Paderne
O proxecto une turismo sostible e recuperación do patrimonio no trazado do Camiño Inglés cun investimento global que roza os 430.000 euros
A vaga de calor activa a alerta amarela no interior da provincia da Coruña
Sanidade recomenda extremar as precaucións ante un episodio de altas temperaturas que afecta a varios concellos da comarca
Paderne enaltece a súa D.O. Branco Lexítimo con dúas xornadas de festa
A actriz Lucía Veiga foi a encargada, desta volta, de ofrecerlles o pregón aos centos de veciños, veciñas e visitantes que presenciaron o arranque da III Feira GastroLexítimo
Reproches en Paderne pola falta de mantemento asfáltico en varios viais locais
O Partido Popular reclama plans de conservación estables tras detectar camiños deteriorados en poucos anos e o uso de conos para tapar unha avaría
A piscina municipal de Paderne abrirá as súas portas o vindeiro 1 de xullo
O Concello anunciará nos próximos días os horarios de apertura e a programación de actividades, entre elas un curso de natación
Eventos
Últimos días para apuntarse ao Trail Gastrolexítimo
A proba deportiva da Feira do Gastrolexítimo combina deporte, natureza e promoción do territorio nun percorrido pensado para descubrir a contorna dunha forma diferente
A depuradora de Donín mellora o seu funcionamento tras un investimento de 14.600 euros
O Concello de Paderne acometeu traballos de conservación e mantemento nunha instalación clave para o abastecemento de San Xulián de Vigo
Máis de 180.000 euros para ampliar o saneamento no rural de Paderne
O Concello adxudicou a Hidrantia as obras da nova rede na Calzada, que terán un prazo de execución de catro meses
Esperela acollerá en xullo a gran festa gastronómica e vitivinícola de Paderne
A terceira edición da Feira do GastroLexítimo reunirá produto local, viño, cultura e música os días 4 e 5 de xullo
Gran participación en Paderne na clausura das actividades culturais e deportivas
Durante todo o ano pasaron por esta iniciativa máis de 400 persoas en 20 actividades diferentes que se ofertaron dende o Concello
Un monólogo e unha cea-baile pecharán as actividades culturais e deportivas en Paderne
O acto de clausura do curso 2025-2026 celebrarase o venres 5 de xuño e as inscricións estarán abertas ata este mércores
Unha mañá de relax en Vilalba pechará o ciclo de saídas socioculturais en Paderne
O Concello abrirá ata o 10 de xuño as inscricións para a actividade do día 17, dirixida a persoas maiores de 55 anos do municipio








