Paderne organiza unha viaxe cultural para descubrir os encantos de Palencia e Valladolid

ACoruñaXa
A saída terá lugar do 15 ao 18 de setembro, cun programa que inclúe visitas guiadas, un cruceiro polas canles de Castela e aloxamento en pensión completa
PADERNE concello
2 Sep 2026

O Concello de Paderne prepara unha nova saída sociocultural dirixida á veciñanza, unha proposta pensada para coñecer o patrimonio, a historia e as tradicións de diferentes localidades de Castela e León.

A viaxe desenvolverase do 15 ao 18 de setembro e permitirá aos participantes visitar Palencia, Valladolid e Tordesillas, ademais de gozar dun cruceiro polas canles de Castela.

O programa inclúe tamén aloxamento en réxime de pensión completa nun hotel de catro estrelas, o Hotel Villa Augusta Spa & Garden. As visitas guiadas previstas permitirán achegarse aos principais atractivos culturais e patrimoniais dos destinos incluídos na viaxe.

O prezo establecido é de 448 euros por persoa, aínda que a contía poderá variar en función do número definitivo de participantes. As prazas son limitadas.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do 11 de setembro, contactando coas oficinas municipais no teléfono 981 79 70 01 ou a través do correo electrónico cultura@concellodepaderne.com.

Con esta iniciativa, o Concello de Paderne continúa coa programación de actividades destinadas a fomentar a convivencia entre a veciñanza e facilitar o acceso a propostas culturais e de lecer fóra do municipio.

0.14734506607056