Sociedade
A Coruña busca novas imaxes para o seu Calendario Municipal 2027 cun concurso aberto á cidadanía
As persoas participantes poderán presentar ata tres fotografías ata o 23 de outubro e as 12 mellores, máis unha posible portada, formarán parte da nova edición
Coruña Suma chega á final nacional de Europa Se Siente 2026 polo seu labor de inclusión laboral
O programa municipal, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, atendeu a máis de 4.800 persoas entre 2018 e 2023 e proporcionou orientación laboral personalizada a 3.523 participantes
O Concello da Coruña programa catro excursións culturais para maiores de 55 anos
As saídas, gratuítas, celebraranse os días 21, 22, 28 e 29 de outubro con rutas por Mondariz-Balneario, Ponteareas e Vigo, e por Vilalba e Lugo
O BNG de Betanzos reclama máis grupos e quendas nas actividades dos locais sociais
As nacionalistas alertan da escaseza de horarios e do elevado número de persoas que quedaron fóra das actividades de ximnasia
Betanzos reclama á Xunta explicacións pola súa exclusión do plan de residencias para maiores
O Pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG coa que tamén se pide impulsar unha residencia e un centro de día no municipio
Centos de persoas reclaman na Coruña medidas urxentes para garantir o acceso á vivenda
A concentración do Obelisco puxo o foco nos desafiuzamentos, o prezo dos alugueiros e o uso residencial dos pisos fronte á especulación
A Coruña decide o destino de máis de 2,5 millóns de euros nos novos Orzamentos Participativos
As votacións cidadás seleccionaron 32 actuacións que se executarán nos dez distritos e en diferentes puntos da cidade entre 2027 e 2028
Teatro, bailoterapia e lingua de signos amplían a programación para os maiores de Oza Cesuras
O Centro de Maiores incorpora estas tres propostas ás actividades do curso, con sesións abertas para coñecer o seu funcionamento
O Fórum Metropolitano da Coruña reunirá as miradas do colectivo Ollo de Vidro na mostra ‘Camiños’
A exposición fotográfica inaugurarase o 1 de outubro e reflexiona sobre a convivencia, a diversidade, a igualdade e os camiños compartidos
As Bibliotecas Municipais da Coruña ofrecerán 104 actividades familiares arredor da lectura
O Concello investirá máis de 100.000 euros nun programa que se desenvolverá de outubro a maio e contará con máis de 2.600 prazas para crianzas de 3 a 7 anos
A Domus reunirá tecnoloxía, robótica e divulgación na feira OSHWDem 2026
A xornada do 3 de outubro ofrecerá de balde talleres, charlas, demostracións e competicións de robótica para persoas de diferentes idades e niveis
O BNG da Coruña lembra a Pedro Galán Calvete no aniversario do seu asasinato
Mercedes Queixas: “Hoxe, as nosas mans, símbolo de paz, solidariedade, tolerancia e irmandade, tecen os fíos da memoria de Pedro Galán, presente do futuro dunha nova Galiza que xa está en marcha”
Sada organiza unha nova 'Limpadura de Outono' para dar unha segunda vida a moitos obxectos
A iniciativa permitirá levar ou recoller libros, xoguetes, pequenos mobles e outros artigos que aínda poidan ser reutilizados
Inaugurado o Roteiro da Memoria As Catalinas, un novo lugar de memoria sobre a represión de 1936
O percorrido recupera a historia das persoas asasinadas nas Catalinas, en Beira, e contribúe a preservar a memoria das vítimas da represión franquista
A Coruña celebra a Semana da Mobilidade cunha ruta veciñal pola Rolda Peonil
O percorrido atravesou Sagrada Familia, Os Mallos, Catro Camiños e Oza-A Gaiteira ata chegar á praza de Tabacos
O PSOE reclama que Arteixo sexa declarado zona tensionada ante o aumento dos prezos do alugueiro
Os socialistas levarán ao pleno unha proposta para iniciar os trámites e impulsar un Plan Municipal de Vivenda que facilite a saída de pisos baleiros ao mercado
Oportunidade de alugueiro asequible en Arteixo e Carral: así se pode optar ás vivendas por 350 euros
Casa 47 abre ata o 21 de setembro o prazo para solicitar unha das 35 vivendas dispoñibles nestes dous concellos coruñeses, con prezos de entre 350 e 705 euros ao mes
Eventos
Ordes abre o prazo extraordinario para cubrir as prazas vacantes da Escola Municipal de Música
As persoas interesadas poden formalizar a matrícula ata o 18 de setembro e terán prioridade as empadroadas no municipio
As vivendas de protección oficial de Oleiros poderían pagarán a metade do IBI durante 13 anos
O Goberno municipal levará ao próximo pleno unha modificación fiscal para facilitar o acceso á vivenda protexida e dar máis marxe ás familias con dificultades económicas
Cinco barrios da Coruña e Cambre encheranse de contos e actividades para fomentar valores sociais
'Cultura Veciñal' levará propostas gratuítas para familias a diferentes puntos da área metropolitana entre setembro e novembro
Aspanaes estrea nova sede na Coruña para ampliar a atención a máis de 300 persoas con autismo
A Deputación achegou 261.360 euros para financiar o 80% da adquisición do novo local, de 510 metros cadrados, situado na contorna de Espacio Coruña
GaliciaXa
Falar do suicidio como forma de prevención: a importancia de romper o silencio arredor da saúde mental
A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio e a CIG-Saúde reivindican a necesidade de abordar abertamente esta realidade e reclaman máis recursos para a prevención e a atención
Unha excursión desde Bergondo permitirá visitar os mosteiros de Oseira e San Pedro de Rocas
A saída será o 3 de outubro, incluirá tamén unha parada en O Carballiño e terá un prezo de 20 euros
Alternativa dos Veciños impulsa unha consulta para coñecer as necesidades da mocidade de Cambre
A proposta presentada pola formación na Xunta de Goberno permite abrir unha enquisa dirixida ás persoas de ata 30 anos









