O Fórum Metropolitano da Coruña reunirá as miradas do colectivo Ollo de Vidro na mostra ‘Camiños’

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá o vindeiro xoves, 1 de outubro, ás 18.30 horas, a inauguración de ‘Camiños’, unha exposición fotográfica do colectivo Ollo de Vidro.
A mostra reúne diferentes perspectivas sobre os camiños que as persoas percorren ao longo da vida e propón unha reflexión arredor da convivencia, a diversidade e a igualdade, así como sobre a importancia de avanzar de maneira colectiva.
No acto inaugural participarán Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Calros Silvar.
A exposición está organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda coa colaboración da Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros.