Novas de Irixoa
O PSdeG alerta da situación sanitaria en Curtis e denuncia falta de persoal en varios centros da comarca
Silvia Longueira asegura que unha médica tivo que deixar a consulta para trasladar pacientes ao CHUAC e reclama á Xunta medidas para evitar que a situación se repita
Varios concellos de A Coruña extreman as precaucións ante un temporal con refachos de ata 80 km/h
Ordes pecha parques e paseos por seguridade mentres a provincia afronta avisos por vento, choiva e temporal marítimo
342 hectáreas de monte en Irixoa prepararanse contra os incendios con pastoreo
O proxecto 'Raño vivo' aposta polo pastoreo controlado para reducir a biomasa combustible, protexer os bosques autóctonos e conservar a biodiversidade
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
Irixoa se suma ao apoio a Ceuta cunha concentración diante do Concello
A convocatoria terá lugar este mércores 2 de setembro ás 20.00 horas e pide ás persoas participantes que respecten as normas de seguridade e os espazos públicos
A eclipse total de Sol xa está aquí: así se verá nos concellos da comarca da Coruña
O fenómeno astronómico do 12 de agosto deixará máis dun minuto de totalidade en toda a comarca, aínda que haberá pequenas diferenzas segundo o municipio
A Ruta Cabalar da Viña celebrará a súa novena edición en Irixoa o 15 de agosto
A xornada combinará un percorrido a cabalo, sesión vermú, comida popular e tardeo con música para reunir afeccionados ao mundo ecuestre
A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
Aberta a inscrición para a excursión á Mariña Lucense organizada polo Concello de Irixoa
A viaxe celebrarase o 19 de setembro, terá saída ás 8.30 horas desde a Casa do Concello e dará prioridade ás persoas empadroadas
Aberto o prazo para participar na excursión de Irixoa ao Aquapark de Cerceda
A saída será o 17 de agosto e as inscricións permanecerán abertas ata o 7 de agosto, con prazas gratuítas para os participantes no campamento de verán
A vaga de calor activa a alerta amarela no interior da provincia da Coruña
Sanidade recomenda extremar as precaucións ante un episodio de altas temperaturas que afecta a varios concellos da comarca
Últimos días para comunicar as lumeiradas de San Xoán en Irixoa
O prazo remata o 22 de xuño para San Xoán e o 25 de xuño para San Pedro, con presentación presencial ou a través da sede electrónica
O BNG de Irixoa pide manter este verán o autobús gratuíto a Betanzos
A formación reclama ao goberno municipal que recupere o servizo para evitar que a veciñanza sen vehículo quede sen alternativa de transporte
Un simulacro de incendio e rescate mobilizará persoal de emerxencias no parque eólico de Touriñán
A actividade desenvolverase este mércores e poderá implicar a presenza de vehículos especializados, efectivos de intervención e ruídos na contorna
A falta de fibra leva o BNG de Irixoa a pedir unha cobertura dixital para todo o municipio
A formación reclama ao Goberno local que aclare o convenio asinado e evite que parte da veciñanza teña que pagar novos postes para conectarse
Varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña quedarán sen auga o luns pola mañá
O corte producirase entre as 07.00 e as 13.00 horas por traballos de mantemento na rede de distribución
Unha charla gratuíta en Aranga axudará a previr os riscos do cancro de pel antes do verán
A actividade celebrarase o mércores 27 de maio no pavillón polideportivo do CEIP A Castellana, coa participación do dermatólogo Jesús del Pozo Losada
Eventos
Aberta a preinscrición para o campamento de verán en Irixoa
As familias poderán anotarse ata o 29 de maio nesta iniciativa de conciliación, dirixida a nenos e nenas de 3 a 15 anos
As contas de Irixoa pechan 2025 cun remanente de máis de 802.000 euros
O alcalde, Antonio Deibe, destaca que o Concello cumpre a regra de gasto e a estabilidade orzamentaria no primeiro ano tras aprobar un plan económico-financeiro
Un novo alumeado en Coruxou reducirá ata un 20 % a factura eléctrica de Irixoa
A Xunta achegou máis de 21.000 euros para renovar a rede de iluminación pública desta parroquia, unha actuación que tamén mellora a seguridade e reduce a contaminación lumínica
Un proxecto piloto instalará trampas contra a vespa velutina nas sete parroquias de Irixoa
A actuación comezará nas próximas semanas e busca reducir a presenza desta especie invasora antes da expansión de novos niños
Os desprazamentos a Betanzos cambian aos martes no servizo municipal de Irixoa
O transporte deixará de operar os primeiros e terceiros luns de mes e pasará a facelo nos primeiros e terceiros martes, mantendo o mesmo horario e percorrido
Natureza, troco de roupa e bingo musical para activar unha nova xornada comunitaria en Churío
Terra Nai celebrará o 25 de abril en Irixoa un encontro centrado na sostibilidade e na economía circular, cun programa para familias, xantar compartido e un mercadiño solidario
O reloxo de Losán aperta con sete días de marxe para Curtis e Vilasantar
A crise da madeireira entra na súa semana decisiva cun preconcurso que remata o 29 de abril, sen que transcendese por agora unha saída industrial pechada e coa presión medrando sobre a SEPI, a Xunta e a dirección da compañía










