As Mariñas Coruñesas avanzan na definición de novos proxectos para impulsar a paisaxe e a biodiversidade

ACoruñaXa
Os 17 concellos da Reserva de Biosfera traballan nun mapa de oportunidades ambientais con actuacións específicas para cada municipio
RESERVA BIOSFERA reunion mapa
9 Jul 2026

A sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en Abegondo, acolleu este xoves unha xornada de traballo centrada na estratexia 'Proxecta paisaxe nas Mariñas Coruñesas', unha iniciativa que busca coordinar actuacións entre os 17 concellos que integran este espazo recoñecido pola UNESCO para impulsar a conservación da paisaxe, a biodiversidade e o desenvolvemento sostible.

Durante a xornada analizouse o estado da Bolsa de Proxectos da Reserva de Biosfera, creada en 2023 e que reúne actualmente 21 iniciativas. O obxectivo nesta nova fase é actualizar ese catálogo incorporando, polo menos, un proxecto estratéxico por cada un dos municipios participantes.

O encontro reuniu representantes municipais e persoal técnico para abordar cuestións relacionadas coa biodiversidade, os servizos ecosistémicos e as oportunidades para desenvolver actuacións ambientais con impacto no territorio. Ademais, compartíronse experiencias xa postas en marcha e recolléronse propostas dos concellos para elaborar un primeiro mapa de oportunidades ambientais e paisaxísticas da Reserva.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, destacou durante a apertura da xornada a importancia da colaboración entre os municipios que forman parte da Reserva de Biosfera e sinalou que este traballo conxunto permite impulsar proxectos de maior alcance para a protección e valorización do territorio.

0.12243008613586