Irixoa ofrece este martes o último bus gratuíto a Betanzos antes do verán

ACoruñaXa
O servizo municipal para persoas empadroadas retomará a actividade tras o verán, despois da parada prevista durante xullo e agosto
BETANZOS autobus
15 Jun 2026

O Concello de Irixoa manterá este martes 16 de xuño o servizo gratuíto de transporte público a Betanzos para persoas empadroadas no municipio. A iniciativa ten como obxectivo facilitar os desprazamentos da veciñanza ata a localidade betanceira, onde moitas persoas realizan xestións administrativas, compras, trámites bancarios ou acoden a diferentes servizos.

Esta será ademais a última viaxe antes da interrupción estival do servizo, xa que durante os meses de xullo e agosto non haberá transporte municipal a Betanzos. A conexión recuperarase despois do verán co calendario habitual.

O autobús sairá ás 9.30 horas desde diante da Casa do Concello de Irixoa. O traxecto será directo ata Betanzos, sen realizar paradas intermedias. A volta está prevista para as 13.00 horas desde a Praza dos Irmáns García Naveira.

O servizo está aberto a todas as persoas empadroadas en Irixoa e funciona de maneira periódica o primeiro e terceiro martes de cada mes. Para facer uso del é necesario inscribirse previamente chamando ao Concello, que organiza as reservas para garantir o correcto desenvolvemento da actividade.

Desde o Concello animan á veciñanza a aproveitar esta última saída antes do parón estival, especialmente ás persoas que necesiten desprazarse a Betanzos para realizar compras, xestións ou outras actividades durante a mañá.

0.12999510765076