Concello
Culleredo impulsa sete actuacións viarias e urbanas cun investimento de máis de dous millóns de euros
O Concello adxudicou xa tres obras e prevé completar nas vindeiras semanas a contratación doutras catro actuacións, ás que se suman un itinerario seguro e a reforma urbana de Domingo Sierra
Preto de 100 veciños volven mobilizarse en Miño para reclamar melloras no transporte
A concentración tivo lugar na rúa Galea e o Concello anuncia unha nova mobilización para o venres 9 de outubro ante a falta de solucións da Xunta
1,5 millóns de euros para reforzar os Bombeiros da Coruña con novo equipamento, vehículos e obras no parque
O Pleno aproba as contribucións especiais que permitirán mobilizar os fondos, mentres o servizo conta actualmente con 101 efectivos
Cámaras, 30 minutos e novas restricións: así cambia o acceso ao casco histórico de Betanzos desde hoxe
O Concello activa en Betanzos o novo sistema de control durante tres meses de proba sen sancións antes da súa entrada en vigor definitiva en xaneiro
Ordes amplía ata 12 anos o futuro contrato de residuos e eleva un 3,4% as taxas da auga
O Pleno aproba alongar tamén a duración do servizo de limpeza viaria, mentres a oposición cuestiona a calidade da prestación e pide máis control sobre as concesionarias
A Coruña decide o destino de máis de 2,5 millóns de euros nos novos Orzamentos Participativos
As votacións cidadás seleccionaron 32 actuacións que se executarán nos dez distritos e en diferentes puntos da cidade entre 2027 e 2028
Máis de 130.000 euros para mellorar o abastecemento de auga en Montaos
Ordes licita a construción dun novo depósito e dun grupo de presión con catro electrobombas na parroquia de Santa Cruz de Montaos
Trinidad Palacios presenta a súa candidatura á Alcaldía da Coruña
A candidata de Movemento Sumar Galicia avoga por unha alternativa de goberno en 2027 e chama a sumar as forzas progresistas, persoas independentes e tecido asociativo
Ordes destina case 50.000 euros a apoiar ás familias con material escolar e axudas á natalidade
As dúas convocatorias xa están abertas e permitirán solicitar ata outubro achegas para gastos educativos e para os menores nados ou adoptados durante 2025
O pleno de Arteixo dá luz verde a un plan municipal de vivenda pero rexeita declarar o municipio zona tensionada
PSOE e BNG reclamaron medidas ante o prezo dos alugueiros e a falta de oferta, mentres o Goberno local aposta por mobilizar vivendas baleiras e aumentar a oferta residencial
Un novo servizo de limpeza viaria reforzará a atención nas rúas de Culleredo con 19 profesionais
O contrato, adxudicado por 1,45 millóns de euros ao ano, incorpora maquinaria máis sostible e novas actuacións contra vertidos, pintadas e animais mortos
A dirección do Multiúsos de Bastiagueiro queda sen candidato e o PSOE denuncia que Oleiros prepara a desaparición da praza
O Concello declara deserto e arquiva o proceso tras renunciar a persoa seleccionada, mentres os socialistas aseguran que o Goberno local pretende eliminar un posto que fora creado hai poucos meses
Un autobús e un roteiro para descubrir o Arteixo menos coñecido en familia
AEMA, o Concello e Arriva organizan o 3 de outubro unha experiencia coa liña 5 dos buses interparroquiais e un paseo literario por Larín da man do historiador Xabier Maceiras
Cambre mantén 35 millóns de euros de liquidez mentres busca reducir a débeda cos provedores
O Goberno local defende que os fondos xeren intereses mentres completa os trámites para pagar as facturas pendentes, que a oposición sitúa en arredor de 7,8 millóns de euros
Búscase a fotografía que dará vida ao calendario municipal de Ordes de 2027
O concurso 'Captura Ordes' está aberto a todo o público e permitirá enviar ata o 11 de outubro imaxes de paisaxes, tradicións, patrimonio e escenas da vida cotiá
Avia Veira advirte de que derrogar a zona tensionada eliminaría a prórroga dos alugueiros co prezo limitado
A candidata do BNG á Alcaldía da Coruña responde ao anuncio de Miguel Lorenzo e reclama que os fondos estatais vinculados á declaración cheguen directamente á cidade
Aberto o prazo para solicitar as terras das masas comúns de Fisteus
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes entre o 1 e o 15 de outubro para acceder en precario ás parcelas resultantes da concentración parcelaria
Eventos
O cruce de Sesmonde atasca o seu futuro: Vilasantar rexeita por unanimidade o proxecto e esixe cambios
O pleno reclama ao Ministerio de Transportes que retire as barreiras de formigón previstas ante os restaurantes El Cruce e El Caba e manteña a conexión dunha pista municipal.
2,17 millóns de euros de remanente nas contas de Miño tras o peche de 2025
O resultado económico permitirá continuar financiando actuacións como a mellora de beirarrúas, firmes e instalacións deportivas
Vilarmaior abre o prazo de inscrición para as actividades infantís de robótica e multideporte
As propostas comezarán o 1 de outubro e están dirixidas a nenos e nenas de Infantil e Primaria
O Concello de Curtis denuncia novos actos vandálicos na zona educativa do municipio
Os danos no CEIP de Curtis e no Centro de Ocio Infantil inclúen cristais rotos e pintadas e poderían superar os 1.000 euros
A Coruña rexeita a nova parada do bus metropolitano proposta na rolda de Outeiro
O Concello trasladará á Xunta a súa oposición a situala xunto a Pérez Ardá porque suporía eliminar un tramo do carril bici e afectar a unha zona de carga e descarga
A Reserva de Biosfera colaborará na recuperación do miradoiro de A Espenuca
O Concello de Coirós avanza na posta en valor dun enclave de gran valor paisaxístico e arqueolóxico tras completar diferentes trámites e actuacións
As Amas de Casa de Miño volven converter as mazás de Mariñán en solidariedade
A asociación participou na tradicional recollida de froita na horta do pazo para elaborar compota e marmelada que serán destinadas á Cocina Económica










