Betanzos busca veciños de todas as idades para protagonizar o seu anuncio de Nadal

ACoruñaXa
O Concello convoca a cidadanía este sábado, 14 de novembro, ás 10:30 horas na praza da Constitución para gravar un spot que amosará a cidade ao resto do país
BETANZOS luces nadal (2)
12 Nov 2026

Betanzos quere que os seus veciños e veciñas sexan os protagonistas do seu anuncio de Nadal. O Concello convocou a cidadanía este sábado, 14 de novembro, ás 10:30 horas na praza da Constitución para participar na gravación dun spot co que busca proxectar a imaxe da localidade durante estas festas.

A iniciativa está aberta a persoas de todas as idades. O Concello anima a acudir ao maior número posible de veciños e veciñas, xa que unha participación multitudinaria permitirá conseguir un resultado máis espectacular e transmitir a imaxe dunha cidade unida e chea de vida.

A gravación terá lugar na praza da Constitución e o Concello agarda reunir unha ampla representación da cidadanía para dar forma a esta campaña do Nadal.

0.18950486183167