A ITV agrícola desprazarase a Aranga do 9 ao 16 de decembro

ACoruñaXa
A unidade móbil atenderá no Carballal e en Vilarraso para facilitar a inspección técnica dos vehículos agrícolas, con cita previa a través da web ou por teléfono
itv-agricola
15 Nov 2026

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o Concello de Aranga entre o 9 e o 16 de decembro de 2026. O servizo estará dispoñible en dous puntos do municipio, co obxectivo de achegar a revisión obrigatoria ás persoas propietarias de tractores e outros vehículos agrícolas.

A primeira parada será no Carballal, no Campo da Festa, onde a unidade atenderá os días 9 e 10 de decembro. Posteriormente trasladarase a Vilarraso, ao aparcadoiro da igrexa, onde permanecerá do 10 ao 16 de decembro.

O horario xeral será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. Haberá, non obstante, algunhas excepcións: o 10 de decembro a unidade estará no Carballal durante a mañá e en Vilarraso pola tarde, mentres que os días 11 e 16 só prestará atención en horario de mañá.

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 981 92 80 80.

0.1651771068573