Abre a inscrición para os campamentos de conciliación de Nadal en Arteixo

ACoruñaXa
O Concello ofrecerá dúas actividades para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro
ARTEIXO campamento nadal
23 Nov 2026

As familias de Arteixo poderán contar con dúas propostas de conciliación durante as vacacións de Nadal. O Departamento de Educación abriu o prazo de preinscrición para unha nova edición dos seus campamentos navideños, que se desenvolverán os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, ademais do 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

A oferta inclúe o Campamento Concilia 'A Vila máxica do Nadal', dirixido a menores de 3 a 12 anos e que terá lugar no Centro Social de Vilarrodís. O programa contará con actividades temáticas, xogos, obradoiros e dinámicas de conciliación, ademais dunha festa final.

A segunda proposta será o Laboratorio Musical 'Construíndo a música en comunidade', destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Neste caso, as actividades desenvolveranse no Centro Cívico Cultural de Arteixo e estarán centradas na música e no traballo colectivo.

Ambos os campamentos terán un prezo de 32 euros. No caso do Concilia, as familias poderán contratar servizos complementarios como madrugadores, almorzo, xantar ou ludoteca. As prazas serán limitadas e terán prioridade os menores empadroados no municipio.

As persoas interesadas poderán presentar a preinscrición ata o 30 de novembro, de maneira presencial nas dependencias municipais de Educación ou a través do correo electrónico educacion@arteixo.org, indicando no asunto 'Campamento Nadal 2026'.

O Concello tamén habilitou a documentación necesaria para participar, incluída a folla de solicitude de inscrición e as normas de funcionamento. As familias deberán consultar previamente os requisitos e a documentación que deben achegar, así como os anexos relativos a necesidades específicas dos participantes.

0.14238309860229