Concello
Vilarrodís terá un novo parque infantil de 800 metros cadrados cun investimento de 460.000 euros
A actuación permitirá substituír o actual espazo de xogo, que se quedou pequeno, por unha área máis ampla, accesible e adaptada a nenos con diferentes capacidades
Un autobús e un roteiro para descubrir o Arteixo menos coñecido en familia
AEMA, o Concello e Arriva organizan o 3 de outubro unha experiencia coa liña 5 dos buses interparroquiais e un paseo literario por Larín da man do historiador Xabier Maceiras
Búscase a fotografía que dará vida ao calendario municipal de Ordes de 2027
O concurso 'Captura Ordes' está aberto a todo o público e permitirá enviar ata o 11 de outubro imaxes de paisaxes, tradicións, patrimonio e escenas da vida cotiá
Un novo acordo abre a porta a futuras actuacións no entorno do Porto Exterior de Arteixo
O Concello e a Autoridade Portuaria impulsarán o proxecto Arteixo Litoral, que contempla melloras na mobilidade, nos espazos públicos, no patrimonio, na formación e no emprego
Avia Veira advirte de que derrogar a zona tensionada eliminaría a prórroga dos alugueiros co prezo limitado
A candidata do BNG á Alcaldía da Coruña responde ao anuncio de Miguel Lorenzo e reclama que os fondos estatais vinculados á declaración cheguen directamente á cidade
As praias de Sada pechan o verán con 333 actuacións de socorrismo, un 11,4 % máis que en 2025
As picaduras e as alerxias converteron este tipo de incidencias no máis habitual, cun forte aumento dos casos por escarapote
Os restos dun veciño de Bergondo asasinado en 1938 regresan a Galicia 88 anos despois
Gerardo Gómez Lorenzo foi identificado tras a exhumación dunha fosa en Navarra e será enterrado xunto á súa familia no municipio
A Coruña rexeita a nova parada do bus metropolitano proposta na rolda de Outeiro
O Concello trasladará á Xunta a súa oposición a situala xunto a Pérez Ardá porque suporía eliminar un tramo do carril bici e afectar a unha zona de carga e descarga
A Reserva de Biosfera colaborará na recuperación do miradoiro de A Espenuca
O Concello de Coirós avanza na posta en valor dun enclave de gran valor paisaxístico e arqueolóxico tras completar diferentes trámites e actuacións
As Amas de Casa de Miño volven converter as mazás de Mariñán en solidariedade
A asociación participou na tradicional recollida de froita na horta do pazo para elaborar compota e marmelada que serán destinadas á Cocina Económica
Abegondo da luz verde a un investimento de máis de 1,9 millóns para mellorar o saneamento de Orto, Crendes e Limiñón
A Corporación aprobou por unanimidade o convenio para ampliar a rede en Orto e Crendes e destinou outros 409.924 euros do POS Adicional a unha actuación en A Fraga
Paderne volve reclamar un comedor escolar para as súas unitarias ao inicio do novo curso
O Concello considera o servizo esencial para facilitar a conciliación das familias e reclama que o alumnado do rural teña as mesmas oportunidades ca o resto
Máis de 4 millóns de euros de remanente deixan as contas de Paderne tras o exercicio 2025
O Pleno aprobou a Conta Xeral cos votos do Goberno local e deu luz verde a obras por 96.475 euros nas prazas de Gas e Montecelo
Ordes pon en marcha dous proxectos de máis de 400.000 euros para renovar rúas e mellorar o polideportivo do Campomaior
O Concello licita a primeira fase do plan de accesibilidade urbana e unha reforma enerxética do pavillón escolar, dúas actuacións financiadas co remanente municipal
O alugueiro modérase na Coruña, pero a zona tensionada segue rodeada de dudas e críticas
O Gobierno de Inés Rey asegura que os prezos frenaron a súa escalada un ano despois da declaración, mentres a oposición cuestiona a redución da oferta e reclama máis vivenda pública
Máis de 200 familias de Arteixo reciben axudas de comedor mentres se abren novas bolsas escolares
O Concello destina 200.000 euros anuais ao programa de comedor e inicia o prazo para solicitar apoio para libros, material didáctico e transporte
A falta de persoal nas escolas infantís leva a Oleiros a reclamar solucións á Xunta
O Concello advirte de que a ausencia de profesionais está provocando reducións nos horarios de atención e dificultando a conciliación das familias
A CIG pide á alcaldesa de Cambre que aclare se o sindicato está sendo excluído da negociación colectiva
A organización reclama información sobre as Mesas de Negociación de 2026 e cuestiona o procedemento seguido co orzamento, o teletraballo, o Fondo Social e a produtividade
Un centenar de persoas culmina en Arteixo a súa formación para dar o salto ao mercado laboral
Os participantes reciben os seus diplomas tras completar cursos vinculados a sectores con demanda e máis do 60% dos participantes de edicións anteriores atoparon emprego
Paderne reforza o apoio escolar cun novo programa gratuíto para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria
As actividades desenvolveranse polas tardes de luns a venres e incluirán clases de inglés, matemáticas, linguas e informática
Máis de dez propostas para maiores de 55 anos e novas actividades culturais e deportivas en Bergondo
O programa municipal 2026-2027 incorpora radio e podcast, xardinería terapéutica, teatro, rutas, mindfulness e novas opcións deportivas
1,5 millóns para ampliar o saneamento na zona sur de Orto e Crendes
A actuación permitirá completar a rede de condución de augas residuais nunha zona próxima ao encoro de Abegondo-Cecebre e está prevista para 2027 e 2028
As Escolas Deportivas da Coruña buscan pasar páxina tras meses de conflitos, folgas e impagos
O novo modelo de xestión aposta pola dixitalización e por ampliar a oferta despois dunha etapa marcada polos problemas laborais da anterior concesionaria e polas protestas do persoal
Seis localidades de Paderne acollerán desde outubro novos talleres de memoria para maiores
As sesións combinarán exercicios mentais, actividades creativas e xogos para estimular as capacidades cognitivas e favorecer as relacións sociais




