Concello
Doces, disfraces e escaparates terroríficos: así será o Samaín de Sada
A xincana 'Truco ou trato' percorrerá os comercios locais o 30 de outubro, mentres que o quinto concurso de escaparates repartirá 450 euros en premios entre os establecementos participantes
María Barral reclama melloras no transporte metropolitano antes da apertura da intermodal
A alcaldesa de Betanzos denuncia a falta de conexións directas coa universidade e cos polígonos industriais, as frecuencias insuficientes e a ausencia de información sobre os cambios nas liñas de autobús
Unha parcela estatal de 1.423 metros cadrados pasa a mans municipais para mellorar os servizos en Teixeiro
O terreo, situado na avenida de Sobrado dos Monxes, incorpora un almacén de 164 metros cadrados que se destinará a gardar materiais e maquinaria municipal
María Barral denuncia que Betanzos volve quedar fóra dos principais investimentos da Xunta para 2027
A alcaldesa critica a ausencia de partidas específicas para infraestruturas, vivenda e servizos públicos, e anuncia que o goberno local presentará unha batería de emendas para incorporar as demandas do municipio aos orzamentos autonómicos
Ordes abre a votación popular para elixir a fotografía do calendario municipal de 2027
O concurso fotográfico ‘Captura Ordes’ escollerá a imaxe principal do calendario oficial do Concello de Ordes para 2027
Paderne prepara a entrega dos premios do seu primeiro certame de fotografía
A resolución do 'Paderne: Ollada o Paraíso' darase a coñecer o 24 de outubro nun acto aberto ao público coa participación da poeta Alba Cid
Unhas 120 persoas volven saír á rúa en Miño para reclamar un transporte escolar digno
As familias denuncian que o autobús de 49 prazas volveu esta semana mentres reclaman unha solución estable para o alumnado
Ata 1.300 euros para aliviar os gastos de vivenda e enerxía dos fogares de Bergondo
O Concello abre ata o 2 de novembro o prazo para acceder a unhas axudas que permiten cubrir parte do alugueiro ou da hipoteca e ata catro facturas enerxéticas
Ordes proxecta unha nova conexión de auga para reforzar o abastecemento da vila
A actuación, cun orzamento de máis de 100.000 euros, permitirá instalar 2,6 quilómetros de canalización e conectar os depósitos do Mesón do Vento e Merelle
A Coruña prorrogará os orzamentos de 2026 ante a falta de acordo coa oposición
O Goberno de Inés Rey asegura que manterá preto de 70 millóns de euros en investimentos entre o que resta de 2026 e 2027, mentres PP e BNG cuestionan a xestión municipal e reclaman cambios nas políticas da cidade
Irixoa retoma o programa 'Xoves de coidados' cunha nova saída ao Balneario de Guitiriz
As persoas interesadas poderán inscribirse do 13 ao 16 de outubro para participar na actividade prevista para o xoves 22
Betanzos reclama á Xunta explicacións pola súa exclusión do plan de residencias para maiores
O Pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG coa que tamén se pide impulsar unha residencia e un centro de día no municipio
O conflito polo coche da muller do alcalde de Oleiros chega aos xulgados e abre unha crise política tras facerse públicos os audios
Ángel García Seoane defende a súa actuación en Radio Oleiros e pide desculpas polos insultos á axente, mentres a Policía Local denunciou os feitos e a oposición reclama responsabilidades
1,5 millóns de euros para reforzar os Bombeiros da Coruña con novo equipamento, vehículos e obras no parque
O Pleno aproba as contribucións especiais que permitirán mobilizar os fondos, mentres o servizo conta actualmente con 101 efectivos
Ordes amplía ata 12 anos o futuro contrato de residuos e eleva un 3,4% as taxas da auga
O Pleno aproba alongar tamén a duración do servizo de limpeza viaria, mentres a oposición cuestiona a calidade da prestación e pide máis control sobre as concesionarias
O Parlamento reclama máis policías para A Coruña ante o aumento da criminalidade
A iniciativa do PPdeG pide ao Goberno central un informe sobre as necesidades de persoal e medios e un calendario para cubrir as vacantes na Policía Nacional
A ausencia do BNG na reunión dos orzamentos leva a Inés Rey a buscar agora o diálogo co PP
A alcaldesa anuncia que convocará os populares para abordar as contas municipais de 2027 despois de que Avia Veira non acudise ao encontro previsto en María Pita
Eventos
A veciñanza de Bergondo poderá decidir en que investir 100.000 euros dos Orzamentos Participativos de 2027
O Concello abre a novena edición do programa e permitirá presentar propostas ata o 23 de outubro para financiar unha actuación no municipio
O BNG rexeita negociar os orzamentos de 2027 mentres denuncia incumprimentos das contas de 2026
Avia Veira responde á invitación de Inés Rey para iniciar as conversas e lembra que o Bloque rompeu en xullo os seus acordos co Goberno local
Últimos días para solicitar en Arteixo as axudas para libros e material escolar
O prazo para a Liña 2 remata este mércores 30 de setembro, mentres as axudas de mobilidade poderán solicitarse ata o 9 de outubro
Culleredo adxudica por 303.000 euros a segunda fase da reforma da rúa Domingo Sierra
A actuación completará a renovación urbana de Vilaboa con novas beirarrúas, melloras de seguridade, iluminación LED, mobiliario e zonas verdes
Ordes destina case 50.000 euros a apoiar ás familias con material escolar e axudas á natalidade
As dúas convocatorias xa están abertas e permitirán solicitar ata outubro achegas para gastos educativos e para os menores nados ou adoptados durante 2025
Oleiros aproba a bonificación do 50% no IBI das vivendas protexidas durante 13 anos
A medida amplía en dez anos o período previsto pola normativa estatal e elimina as taxas municipais para a construción de VPO a partir de 2027
Tres concellos reforzan a atención temperá ás familias con servizo compartido ata 2028
Abegondo, Bergondo e Carral renovan o acordo para manter un recurso que xa atende a decenas de menores cada ano e que está financiado integramente pola Xunta









