Unha ruta circular de 10 quilómetros permitirá descubrir os segredos do regato de San Pedro de Nós

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros organiza dúas saídas interpretativas, os días 22 e 28 de novembro, para coñecer a biodiversidade, a historia e o valor natural e cultural deste espazo
Paseo fluvial de Nós en Oleiros
17 Nov 2026

O regato de San Pedro de Nós será o protagonista de dúas rutas de sendeirismo interpretativo organizadas polo Concello de Oleiros para os próximos domingo 22 e sábado 28 de novembro. A iniciativa permitirá descubrir os valores naturais e culturais deste contorno a través dun percorrido circular de 10 quilómetros.

Durante a actividade, as persoas participantes realizarán diferentes paradas para coñecer os segredos que agocha o sendeiro do regato de Nós, desde a súa biodiversidade ata a súa historia e a importancia deste espazo como patrimonio natural e cultural. A ruta terá unha duración aproximada de catro horas.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir o formulario de inscrición en liña. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

As persoas admitidas recibirán un correo electrónico de confirmación no que se lles indicará o punto de encontro para iniciar o percorrido.

0.11306810379028