Culleredo abre a inscrición para os campamentos de Nadal, dirixidos a nenos de 3 a 12 anos

ACoruñaXa
O programa de conciliación desenvolverase no CEIP Vila de Rutis do 22 de decembro ao 8 de xaneiro e contará con servizos de almorzo e comida
CULLEREDO campamento nadal
23 Nov 2026

O Concello de Culleredo abrirá este luns, 23 de novembro, o prazo de preinscrición para os seus campamentos municipais de Nadal, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, matriculados en Educación Infantil ou Primaria, e desenvolverase no CEIP Vila de Rutis.

As actividades terán lugar do 22 de decembro ao 8 de xaneiro de 2027, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, as familias poderán solicitar servizos complementarios de almorzo, de 7:30 a 9:00 horas, e de comida, de 14:00 a 16:00 horas.

Prazo de inscrición ata o 27 de novembro

O prazo para realizar a preinscrición comenzou este luns 23 de novembro ás 9:00 horas e rematará o venres 27 de novembro ás 14:00 horas. O Concello dará prioridade ás familias empadroadas en Culleredo que acrediten debidamente a necesidade de conciliación.

A información sobre o programa e o formulario de preinscrición estarán dispoñibles na páxina web municipal.

Un espazo de lecer educativo durante as vacacións

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Participación Cidadá e Deportes, Cristina Pardo, destaca o crecemento deste tipo de programas no municipio e a súa importancia para axudar ás familias a compatibilizar as responsabilidades laborais e persoais.

A edil sinala que o obxectivo é que os campamentos, ademais de facilitar a conciliación, proporcionen aos menores un espazo seguro, creativo e dinámico no que aprender e desfrutar durante as vacacións escolares.

0.11868405342102