O Concello de Coirós convoca o Concurso de Tarxetas de Nadal para nenos e mozos de ata 17 anos

ACoruñaXa
O certame contará con tres categorías por idade e un premio para cada unha, ademais dun agasallo para todas as persoas participantes. O prazo de presentación remata o 10 de decembro
COIRÓS concurso postales
21 Nov 2026

O Concello de Coirós abriu unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal 2026-2027, unha iniciativa dirixida aos menores empadroados no municipio que busca fomentar a creatividade e a participación na elaboración de felicitacións de Nadal.

O certame está aberto á participación individual ou en grupo e establece tres categorías en función da idade. A primeira estará destinada a nenos e nenas de Educación Infantil, ata os cinco anos incluídos; a segunda, a escolares de Primaria de entre seis e dez anos; e a terceira, á categoría xuvenil, para participantes de entre 11 e 17 anos.

O concurso contará cun premio para cada unha das categorías, que consistirá nun artigo de música, librería ou deportes. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un agasallo por tomar parte na iniciativa.

Prazo de entrega ata o 10 de decembro

As tarxetas deberán presentarse antes do xoves 10 de decembro. Os traballos terán que ser orixinais e non poderán ter sido premiados noutros concursos.

As creacións deberán entregarse nun sobre pechado e dentro doutro sobre, no que figurarán o nome e apelidos, a idade e o número de teléfono do autor ou autora, ou da persoa representante. A organización especifica que estes datos non deberán escribirse na postal.

O xurado estará presidido por un concelleiro ou concelleira, un representante técnico do Concello e un membro dunha asociación do municipio. As deliberacións celebraranse o 14 de decembro.

As tarxetas gañadoras daranse a coñecer e utilizaranse como felicitación oficial do Concello á veciñanza durante as festas de Nadal.

As persoas interesadas en participar ou obter máis información poden contac

0.18693208694458