Ordes organiza un campamento infantil o 7 de decembro para facilitar a conciliación familiar

ACoruñaXa
O 'One-Day Camp' está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e ofrecerá xogos, actividades deportivas, música e manualidades; o prazo de inscrición remata o 3 de decembro
ORDES one day camp nadal
24 Nov 2026

O Concello de Ordes organizará o vindeiro luns 7 de decembro unha nova xornada do programa 'One-Day Camp', unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación das familias durante os días non lectivos. A actividade está dirixida a nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 12 anos e desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A proposta inclúe diferentes actividades lúdicas e educativas para que os máis pequenos poidan gozar dunha xornada diferente mentres aprenden e comparten experiencias con outros participantes. O programa contempla xogos tradicionais e deportivos, retos de enxeño, propostas de música e movemento e obradoiros de traballos manuais.

A participación terá un custo de catro euros, aínda que as familias numerosas poderán beneficiarse dun desconto do 50%.

Como inscribirse no campamento de Ordes

As familias interesadas deberán formalizar a inscrición antes do 3 de decembro. Para iso, será necesario descargar e cubrir a ficha correspondente, que deberá entregarse asinada xunto coa documentación indicada no propio formulario.

As solicitudes e consultas tramítanse no Departamento de Educación do Concello de Ordes, situado na rúa Alfonso Senra, número 108, primeiro andar. Tamén se pode obter información a través do teléfono 981 680 002, extensión 3.

A xornada busca ofrecer unha alternativa de lecer educativo para os nenos e nenas durante a xornada non lectiva e, ao mesmo tempo, proporcionar ás familias un recurso de apoio para a conciliación.

0.16350102424622