A eclipse na comarca da Coruña: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello

ACoruñaXa
A área da Coruña gozará de ata 86 segundos de totalidade nun fenómeno histórico que converterá o día en noite durante uns instantes.
eclipse-total-de-sol-recurso
8 Aug 2026

O vindeiro 12 de agosto de 2026, a comarca da Coruña vivirá unha das citas astronómicas máis importantes das últimas décadas coa eclipse total de Sol. Aínda que todos os concellos se atoparán dentro da franxa de totalidade, a duración do fenómeno e as condicións para contemplalo variarán lixeiramente segundo a localización.

Segundo os datos elaborados por Eclipseando.es, todos os municipios da comarca superarán o minuto de eclipse total. As diferenzas serán reducidas, pero permitirán que algúns concellos disfruten de varios segundos máis de totalidade ca outros, ademais de presentar pequenas variacións na altura do Sol e nas condicións do horizonte.

A plataforma incorpora tamén un estudo específico sobre a orografía de cada municipio. Empregando modelos europeos de elevacións, os seus responsables analizaron se o relevo natural pode ocultar o Sol no momento da totalidade, cando este apenas se elevará entre 10 e 12 graos sobre o horizonte oeste.

Na comarca coruñesa predominan as condicións favorables para a observación, aínda que a recomendación continúa sendo buscar espazos abertos orientados cara ao oeste e afastados de obstáculos naturais ou urbanos que poidan limitar a visibilidade.

Os autores lembran que a análise non contempla edificios nin vexetación, polo que a mellor maneira de asegurarse dunha boa observación é acudir ao lugar escollido o día anterior, á mesma hora, para comprobar a posición do Sol sobre o horizonte.

Toda a información detallada pode consultarse en Eclipseando.es, que ofrece fichas individualizadas para cada concello con horarios, mapas, simulacións e todos os datos necesarios para preparar unha observación segura deste fenómeno histórico.

A eclipse do 12 de agosto de 2026, municipio a municipio · Área da Coruña

21 municipios dentro da totalidade · Datos de Eclipseando

Municipio Inicio da totalidade Fin da totalidade Duración Sol tapado Altura do Sol
Vilarmaior 20.27.36 20.29.02 86 s 100,0 % 11,7°
Irixoa 20.27.44 20.29.08 84 s 100,0 % 11,7°
Aranga 20.27.50 20.29.13 83 s 100,0 % 11,6°
Miño 20.27.38 20.29.01 83 s 100,0 % 11,8°
Sada 20.27.39 20.29.01 82 s 100,0 % 11,8°
Bergondo 20.27.44 20.29.04 80 s 100,0 % 11,8°
Paderne 20.27.46 20.29.06 80 s 100,0 % 11,7°
A Coruña 20.27.43 20.29.01 78 s 100,0 % 11,9°
Betanzos 20.27.49 20.29.07 78 s 100,0 % 11,8°
Coirós 20.27.52 20.29.10 78 s 100,0 % 11,7°
Oleiros 20.27.42 20.29.00 78 s 100,0 % 11,9°
Curtis 20.28.02 20.29.19 77 s 100,0 % 11,6°
Oza-Cesuras 20.27.59 20.29.14 75 s 100,0 % 11,7°
Cambre 20.27.51 20.29.05 74 s 100,0 % 11,8°
Abegondo 20.27.59 20.29.11 72 s 100,0 % 11,8°
Culleredo 20.27.54 20.29.05 71 s 100,0 % 11,9°
Carral 20.28.00 20.29.09 69 s 100,0 % 11,8°
Arteixo 20.27.54 20.29.01 67 s 100,0 % 12,0°
Vilasantar 20.28.14 20.29.21 67 s 100,0 % 11,6°
Mesía 20.28.15 20.29.17 62 s 100,0 % 11,7°
Ordes 20.28.23 20.29.13 50 s 100,0 % 11,8°
0.13985800743103