Actualidade
A Coruña fixa os servizos mínimos municipais para a folga xeral deste mércores
O Concello manterá operativos os servizos de seguridade e emerxencias, os rexistros de atención cidadá, os mercados, os centros educativos e os servizos sociais, entre outras dependencias
A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana súmase á folga xeral do 11 de novembro pola vivenda e os salarios dignos
O colectivo xustifica o seu apoio á mobilización na dificultade crecente para acceder a unha vivenda e en uns salarios que considera insuficientes para cubrir o custo de vida
As pioneiras do fútbol feminino de Crendes reciben a Medalla Emilia Pardo Bazán
A Xunta recoñeceu a traxectoria das mulleres que abriron camiño no deporte feminino no rural nun acto celebrado no Grove
O PSOE de Curtis reclama estudar a creación dunha Policía Local tras os últimos roubos en vivendas
Os socialistas consideran que o municipio reúne as condicións para contar con este servizo, mentres o goberno local levará ao pleno de decembro unha proposta para reclamar máis efectivos da Garda Civil
A intermodal arranca entre queixas e o BNG leva ao Parlamento os problemas do bus metropolitano
A eliminación de paradas e a falta de información engádense ás denuncias por autobuses cheos, atrasos e frecuencias insuficientes que se acumulan desde hai meses na comarca da Coruña
GaliciaXa
29N: A conta atrás de 30 días para as eleccións que marcarán un fin de ciclo dos grandes partidos do Estado
A batalla entre PP e PSOE, o crecemento do BNG e as expectativas de Vox anticipan un ciclo electoral clave para Galicia, coas municipais de 2027 e as autonómicas de 2028 no horizonte
Miño traslada ao domingo a programación do Halloween Costa Miño polo accidente ferroviario de Urda
O Concello e a Comisión de Festas suspenden as actividades previstas para o sábado 31 de outubro e concentran os actos na carpa da rúa Sualeira durante a xornada do 1 de novembro
A Xunta reorganiza os buses interurbanos da Coruña entre as críticas pola saturación e a falta de prazas
A nova terminal da intermodal abrirá o 3 de novembro e obrigará a modificar os percorridos de cinco corredores de acceso á cidade, mentres o PSOE de Arteixo, o BNG e varios concellos reclaman melloras no transporte metropolitano
GaliciaXa
Dispositivo especial de tráfico no Couto este xoves polo partido Auriense-Deportivo
Varias rúas próximas ao estadio quedarán cortadas á circulación e restrinxirase o aparcamento en dúas prazas desde as 18.30 horas ata o final do encontro
As protestas contra Vox e as cargas policiais esténdense polas sete cidades galegas
As mobilizacións sucedéronse tras a visita de Santiago Abascal á Coruña, onde os incidentes do mércores deixaron persoas feridas e detidas
Besteiro pide protestas pacíficas contra Vox e rexeita a violencia nos incidentes da Coruña
O líder do PSdeG defende o dereito a manifestarse contra as políticas da formación de Santiago Abascal, pero evita pronunciarse sobre a actuación policial ao non presenciar os feitos
A concentración antifascista na Coruña carga contra a represión policial
A mobilización diante da Subdelegación do Goberno responde ás cargas rexistradas pola mañá durante a protesta contra a visita de Santiago Abascal a María Pita
Os Riazor Blues e a CIG convocan unha protesta na Coruña contra as cargas policiais en María Pita
A concentración terá lugar ás 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno, tras os incidentes rexistrados durante a mobilización contra a visita de Santiago Abascal
O BNG denuncia as cargas policiais desproporcionadas e a agresión a un militante durante a protesta contra Vox na Coruña
A formación nacionalista asegura que varias persoas resultaron feridas tras a intervención policial en María Pita e sinala que algúns dos manifestantes sufriron problemas de visión
A Coruña afronta novos cambios na mobilidade coa reorganización dos autobuses e a apertura da intermodal
A entrada en funcionamento da nova estación de autobuses está prevista para o 3 de novembro, mentres as liñas urbanas 3 e 7 recuperan o seu percorrido directo cara aos Cantóns
A Plataforma por un Transporte Digno esixe explicacións á Xunta polos incumprimentos do autobús en Ferrolterra
O colectivo reclama aos alcaldes que pidan contas sobre o control das concesións tras a publicación das compensacións extraordinarias ás empresas
A nova estación intermodal da Coruña abrirá a súa terminal de autobuses o 3 de novembro
A posta en marcha suporá o traslado de todo o tráfico interurbano desde a estación actual e obrigará a reorganizar os cinco corredores viarios de acceso á cidade
Eventos
GaliciaXa
A folga da alimentación da Coruña suma 12 días sen avances na negociación
O persoal mantén as mobilizacións para reclamar melloras salariais e máis facilidades para conciliar a vida laboral e persoal
A Coruña reunirá a 180 expertos e máis dun milleiro de asistentes para analizar o futuro da Xustiza coa IA
DATAfórum 2026 celebrarase do 21 ao 23 de outubro en Palexco con representantes do ámbito xudicial, tecnolóxico e universitario
GaliciaXa
O Día Mundial da Saúde Mental pon o foco na infancia, a mocidade e o emprego das persoas con trastorno mental
Coincidindo coa celebración deste 10 de outubro, distintas iniciativas en Galicia abordan o impacto da vivenda e a precariedade laboral no benestar da poboación moza, así como o dobre estigma que enfrontan as persoas con trastorno mental á hora de atopar traballo
O BNG levará ao Pleno unha moción de apoio ás 24 familias coruñesas ameazadas de desafiuzamento
Avia Veira comprométese a buscar o apoio de todos os grupos municipais mentres o PP reclama utilizar vivendas municipais baleiras para atender ás familias afectadas
Unhas 120 persoas volven saír á rúa en Miño para reclamar un transporte escolar digno
As familias denuncian que o autobús de 49 prazas volveu esta semana mentres reclaman unha solución estable para o alumnado
Case 900 sinaturas reclaman unha actuación urxente para recuperar o miradoiro de A Espenuca
A veciñanza pide retirar a vexetación, garantir a seguridade na contorna da igrexa e recuperar as vistas dun dos principais balcóns paisaxísticos das Mariñas
Unha reclamación de 673.525 euros pon o foco nos pagos á Policía Local de Cambre
A liquidación provisional do Tribunal de Contas atribúe responsabilidades a catro cargos políticos e sinala tamén a antigos mandos policiais, mentres os afectados preparan recursos








