A Pedrosa celebra en Culleredo os seus 25 anos cunha xornada de homenaxes e actividades

O Club Agrupación Deportiva e Tempo Libre "A Pedrosa" celebrou este sábado, 3 de outubro, o seu 25 aniversario cunha xornada festiva na que se recoñeceu tamén o papel das persoas que estiveron na orixe da entidade.
Durante os actos, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, fixo entrega dunha insignia conmemorativa ao presidente e socio fundador do club, Manuel Jesús Oliveira. O resto dos socios fundadores tamén recibiron unha insignia como recoñecemento á súa vinculación coa creación da entidade.
A celebración comezou coa denominada ruta dos túneles. Posteriormente, os participantes desfrutaron dunha sesión vermú amenizada pola actuación de Roberth Hidalgo, antes de compartir unha comida.
A programación festiva continuou pola tarde coa actuación, novamente, de Roberth Hidalgo. A xornada de celebración do 25 aniversario de A Pedrosa concluíu cunha actuación de Begoña García, encargada de poñer o punto final aos actos conmemorativos.