Novas de Paderne
Unha mañá de relax en Vilalba pechará o ciclo de saídas socioculturais en Paderne
O Concello abrirá ata o 10 de xuño as inscricións para a actividade do día 17, dirixida a persoas maiores de 55 anos do municipio
Un corte de tráfico afectará o martes á zona de San Martiño
O Concello de Betanzos realizará traballos de mantemento e limpeza dun depósito entre as 8.00 e as 15.00 horas
A literatura e a música celebran as Letras Galegas nunha xornada de alta participación en Paderne
O municipio entregou os premios do seu III Certame de Relato Curto, no que gañaron Daniel Izan Vázquez Vilasuso e Rocío Cal Gómez
A conciliación de verán abrirá en Paderne con cinco quendas para menores de ata 14 anos
O Concello ofrecerá de balde o servizo desde o 1 de xullo ata o 4 de setembro, con inscrición aberta entre o 5 e o 29 de maio
Literatura, música e relatos curtos para celebrar as Letras Galegas en Paderne
A programación do 17 de maio incluirá actuacións da UNED Sénior e Alba de Vales, a entrega do III Certame de Relato Curto e reparto de libros entre o público asistente
Un xantar solidario en Paderne buscará reunir fondos en apoio á loita contra o cancro
A Asociación Española Contra o Cancro na Coruña celebrará o 26 de abril unha comida benéfica en San Pantaleón das Viñas, en Paderne, cunha cita que incluirá tamén sorteo solidario
O Trail GastroLexítimo quenta motores para unir deporte e territorio en Esperela
O Concello de Paderne e o club Brutanzos Team impulsan para o 5 de xullo a terceira edición dunha cita que mestura carreira de montaña, andaina e promoción do produto local arredor da Feira do GastroLexítimo
A Copa de España Féminas regresará á Comarca Brigantina o 11 de abril
A proba xa ten cartel oficial e volverá situar a comarca no calendario estatal do ciclismo en estrada
Máis de 762.000 euros para reforzar o persoal cultural dos concellos da provincia
A liña da Deputación chega a 63 entidades locais e reforza os servizos culturais municipais na comarca das Mariñas e no conxunto da provincia
Paderne impulsa a actualización dixital dos seus camiños municipais
A corporación deu luz verde á dixitalización do inventario municipal, un paso co que o Concello busca actualizar a situación xeográfica dos viarios e aclarar posibles dúbidas sobre a súa titularidade
Churrasco, música e festa para animar marzo en Adragonte
A Gran Churrascada de Areas celebrarase o sábado 28 de marzo en Santiago de Adragonte, en Paderne, cunha sesión vermú, menú popular, actuación da orquestra Los Satélites, DJ Sebas21 e un sorteo de 300 euros
Un café para achegar o Concello á veciñanza e abrir o diálogo nas parroquias de Paderne
O novo programa 'Un café co alcalde' levará encontros directos con Sergio Platas a distintos núcleos do municipio e estrearase o 27 de marzo no Local Social de Velouzás
Os traballos de roza chegan hoxe a Samede dentro do plan de mantemento municipal
O Concello de Paderne continúa coas actuacións de limpeza e conservación do viario e dos espazos públicos tras rematar os labores en Vilamourel
Unha excursión a A Guarda e Tui abre en Paderne o programa de saídas socioculturais de 2026
O Concello organiza para o sábado 14 de marzo unha viaxe con visita guiada ao Monte de Santa Tegra e inscrición aberta ata o mércores 11
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Paderne viste de violeta o 8M cun programa de coeducación, saúde e unha andaina popular
O Fogar do Maior acollerá dúas actividades os días 5 e 6 de marzo e o sábado 7 haberá lectura do manifesto, camiñada ata Velouzás e chocolatada no Vimieiro
A rede de mecos do Entroido medra na comarca: 'O obxectivo é consolídalo'
A Asociación Chalana Cultural de Miño impulsou #entroidizaoteurueiro para recuperar os 'entroidos de palla', sumar asociacións e colexios e facer que a festa se note no rueiro antes e despois do martes grande
A literatura volve gañar protagonismo en Paderne co III Certame de Relato Corto
O prazo para participar remata o 10 de marzo de 2026 e os textos deberán estar escritos en galego e vinculados ao concello, con historias reais ou de ficción ambientadas no municipio
Os Bonitos e Vexigueiros volven saír á rúa para manter vivo o Entroido tradicional de Samede
Paderne reuniu arredor dun cento de persoas nun percorrido circular que rematou con muiñeira cruzada, xantar popular, enterro do Policarpo e foliada
Paderne pecha os obradoiros de ‘Cociña divertida’ tras dous meses de aprendizaxe e participación
O Local Social de Quintas acolleu a última sesión dun programa para rapazada de 6 a 16 anos, centrado na alimentación saudable e nos produtos de proximidade
O PP propón recorrer a fondos europeos para un plan contra as inundacións na ría de Betanzos
A iniciativa aposta pola restauración natural de ribeiras e un drenaxe sostible na bacía Mandeo-Mendo e afectaría a Sada, Miño, Bergondo, Paderne e Betanzos cun investimento estimado de dous millóns de euros
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
O Entroido de Samede preséntase no Concello de Paderne e apela ao relevo xeracional para manter viva a tradición
A festividade, que se celebrará este domingo 22 de febreiro cun desfile pola aldea e saída na igrexa, reivindícase como ‘o único entroido que queda vivo na comarca das Mariñas’




