Novas de Paderne
A Deputación da Coruña reivindica en Betanzos o impacto do PEL na creación de emprego e anima a solicitar as axudas de 2026
A deputada Rosa Ana García visita a Autoescola Seda en Betanzos e a empresa Frutas y Verduras Suso en Oroso, ambas beneficiarias do Plan de Emprego Local, e lembra que o prazo para pedir as axudas PEL 2026 permanece aberto ata o 16 de decembro
O Club de Golf Paderne lanza un torneo familiar de Nadal en formato scramble
Pais, fillos, avós e primos están convidados a compartir unha xornada lúdica e competitiva, cun marcado espírito de Nadal e animados a vestir con xerseis e roupa nadal
O Premio 'Luísa Villalta' reforza oito proxectos pola igualdade con achegas de até 12.500 euros
A Deputación da Coruña escolleu oito iniciativas entre 22 propostas presentadas nesta sétima edición, que destacan pola calidade artística, o rigor metodolóxico e o seu forte impacto social
A Deputación da Coruña aproba o maior orzamento da súa historia, con 256,5 millóns para 2026
PSdeG-PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños dan luz verde a unhas contas que reforzan o Plan Único, o gasto social e o emprego, co PP en contra e máis de 110 millóns reservados directamente para os 93 concellos
A Deputación da Coruña reserva 450.000 euros para proxectos ambientais e de benestar animal en 2026
As entidades sen ánimo de lucro da provincia poden solicitar ata o 16 de decembro axudas para actividades e investimentos en medio ambiente e protección de cans e gatos abandonados
A Deputación da Coruña pon o foco do 25N nos novos discursos que maquillan o machismo como libre elección
A Área de Igualdade lanza unha campaña con xornadas, obradoiros en dez concellos e materiais didácticos e audiovisuais para desmontar a idealización dos roles de xénero tradicionais entre a mocidade
A Deputación da Coruña impulsa un orzamento histórico de 256,5 millóns para 2026 con prioridade nos concellos, o benestar social e o emprego
As contas, que se votarán este venres ás 12.00 horas, reforzan o Plan Único, inclúen cláusulas demográficas pioneiras contra o despoboamento e estrean o novo modelo de Casas de Acompañamento ao Maior
A Deputación da Coruña suprime a cita previa nas oficinas tributarias e aposta pola atención presencial
O novo modelo, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026, prioriza o acceso directo da cidadanía ás 14 oficinas de atención tributaria e reserva a cita previa para trámites complexos.
Paderne conmemora o 25N cun manifesto institucional e teatro familiar no Fogar do Maior
O acto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres terá lugar o 25 de novembro ás 19.30 horas, coa lectura dun manifesto e a obra 'Superhéroe' de Fran Rei
A Deputación da Coruña activa as axudas PEL 2026 con 8,6 millóns para impulsar o emprego e apoiar ás persoas autónomas
A convocatoria incorpora por primeira vez subvencións para o alugueiro de locais comerciais, oficinas e naves, e mantén as liñas destinadas á contratación, investimentos e cotas á Seguridade Social
A Deputación da Coruña crea a comisión que debuxará as novas Casas de Acompañamento ás Persoas Maiores
O órgano político-técnico impulsará un modelo público con fogares pequenos, atención personalizada, convivencia interxeracional e innovación e as primeiras experiencias serán en As Pontes, Rianxo e Ordes
Paderne organiza unha excursión ao Mosteiro de Samos con parada en Sarria e no centro de Lugo
A saída terá lugar o 29 de novembro ás 09.00 horas desde a Casa do Concello, con prazas limitadas
Alerta laranxa en A Coruña por temporal costeiro
Prevese mar combinada con ondas de ata seis metros e vento do sur con forza 8
O presidente da Deputación da Coruña pide á Xunta máis fondos para os concellos e presenta un orzamento récord para 2026
Reclama subir o Fondo Galego de Cooperación Local e defende un Orzamento de 256,55 millóns con débeda cero, máis gasto social, Plan Único de 88 millóns e PEL de 16,37 millóns
A Deputación da Coruña insta á Xunta a reforzar o Fondo de Cooperación Local para saldar a débeda de 600 millóns de euros cos concellos
O pleno provincial aproba reclamar máis recursos para os municipios, con atención específica ao rural coruñés e a un reparto 'xusto e transparente'
A Fundación Juana de Vega acolle unha xornada sobre viticultura sostible e infraestrutura verde no territorio da IXP Betanzos
A cita, organizada polos socios galegos do proxecto ECOSPHEREWINES, incluirá relatorios técnicos, unha visita a campo e unha cata comentada de viños con identidade
A Deputación da Coruña convoca a segunda edición dos Premios de Turismo para destacar a innovación e a sostenibilidade
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 12 de novembro, e a gala de entrega celebrarase o 27 na Coruña
A Deputación da Coruña reserva 900.000 euros para manter limpas as praias en 2026 e crear emprego de verán nos concellos costeiros
Os 41 concellos do litoral provincial poden solicitar xa as axudas, que cobren brigadas de limpeza entre abril e outubro e chegan ata 33.840 euros por municipio
Charla en Irixoa sobre a detección temperá do cancro de mama
O radiólogo Joaquín Mosquera falará o xoves 30 de outubro ás 19.15 h no Local Social da Graña, no concello de Irixoa, sobre a importancia das revisións e do cribado




