Novas de Abegondo
Luz verde a uns orzamentos de 19,1 millóns mentres o Consorcio As Mariñas encara a nova recollida
A entidade supramunicipal prevé licitar de maneira inminente o servizo e segue á espera de que A Coruña lle remita os pregos do tratamento en Nostián
O BNG eleva a presión sobre a subestación de Abegondo e reclama unha avaliación ambiental conxunta
Néstor Rego acusa o Goberno do Estado de facilitar unha tramitación fragmentada e pide revisar o impacto acumulado da infraestrutura e dos proxectos asociados
O novo centro de saúde de Abegondo encamiña a súa apertura en xuño coa urbanización dos accesos e do aparcadoiro
O Concello de Abegondo ten en marcha as obras do estacionamento e da entrada rodada ao edificio, mentres perfila tamén a apertura do Pazo da Cultura e o futuro uso do antigo consultorio
Luz verde ambiental para unha plantación de aguacate en Montouto
A Xunta emitiu informe favorable con condicións para o cambio de uso de 11 parcelas en Abegondo, cunha superficie superior aos 74.000 metros cadrados, aínda que o proxecto deberá completar aínda a súa tramitación
O banco de sementes do CIAM seguirá sen abrir a pleno rendemento ata finais de 2026
A Xunta mantén para 2026 a construción, equipación e posta en funcionamento dos edificios auxiliares do Banco de Xermoplasma de Mabegondo, mentres medra a presión polo deterioro das instalacións e pola perda de persoal investigador
Unha andaina reivindicativa percorrerá o Monte Xalo para poñer o foco na defensa da auga e do territorio
ADEGA, a Asociación de Montes Veciñais da Parroquia de Celas e o Colectivo das Pedras Galladas convocan para o domingo 15 de marzo unha xornada aberta á veciñanza con roteiro, xantar de convivencia e unha charla sobre a ameaza da central hidroeléctrica de Meirama
A música do alumnado de Abegondo ábrese ao público cunha semana de audicións
A Escola Municipal de Música de Abegondo celebrará tres sesións abertas os días 9, 11 e 12 de marzo no Centro Cultural O Salón, con entrada libre para a veciñanza
O CEIS As Mariñas reforza o seu papel como referencia ética nos servizos sociais coa Memoria 2025
O documento recolle un ano de formación, traballo interdisciplinar e presenza en foros estatais, ademais da creación dun grupo de proximidade orientado ao Servizo de Axuda no Fogar
O Trofeo Cidade da Coruña de hípica arranca este sábado en Abegondo con 110 participantes
A R.S.D. Hípica de Figueroa acollerá a primeira proba do calendario, un Concurso de Salto Territorial integrado no circuíto oficial da Federación Hípica Galega
O pavillón San Marcos entra en obras cunha reforma ambiciosa para gañar espazo e accesibilidade
O Concello de Abegondo pon en marcha un proxecto de 1.483.831,35 euros que obriga a trasladar provisionalmente o ximnasio a 'Os Loureiros', tras o peche temporal xa anunciado estes días
Os Loureiros gaña verde e sombra para funcionar como refuxio climático
Santiso e Belén do Campo visitan a actuación no acceso ao futuro Pazo da Cultura e o Concello avanza a renaturalización do patio do CEIP San Marcos
Un concerto familiar pon música en Abegondo á celebración do Día de Rosalía
Abegondo acolle este venres 20 de febreiro na Biblioteca Municipal, ás 18.00 horas e con entrada de balde, o espectáculo 'Os cantares de Rosalía' a cargo de María Faltri
A Deputación leva a Navartur a súa aposta por un turismo con territorio, sostibilidade e identidade
A institución provincial estrearase na feira de Pamplona coa CMAT, o xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo e catro Plans de Sostibilidade
A Deputación presenta o POS+2026 cunha achega récord na área coruñesa e reclama á Xunta máis fondos para os concellos
O acto celebrouse en Oleiros e o Plan Único arrinca o ano con 20,18 millóns de euros para 21 municipios da comarca da Coruña e As Mariñas
Abegondo anuncia que recorrerá a autorización dun segundo parque eléctrico en Folgoso vinculado á subestación que o Concello tamén rexeita
O goberno local sostén que o proxecto avanza sen consenso social e critica que non se avaliase o seu impacto ambiental
A Deputación concede 15.000 euros para financiar o persoal técnico de deportes en Abegondo
A axuda, incluída no programa provincial FO106/2025, destínase á modalidade B (xestión deportiva) e cobre ata o 80% do gasto subvencionable, que o Concello deberá xustificar no procedemento
A borrasca Oriana deixará un sábado con vento e mar axitado na costa da Coruña
MeteoGalicia mantén avisos por fenómeno costeiro no tramo Coruña Noroeste e prevé ondas de 5 a 6 metros, mentres no interior o tempo irá a menos co avance das altas presións
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Vixilancia nos ríos Valiñas e Mero ante a crecida e o risco de enchentes
O Plan Inungal continúa activado en fase de preemerxencia e os servizos de emerxencias piden evitar as zonas inundables e seguir as recomendacións de autoprotección
Abegondo aproba uns orzamentos de máis de 7 millóns con preto do 21% para investimentos
O Goberno local salienta o seu perfil social, cun 47% das contas para servizos sociais, cultura e deporte, e prevé actuacións en vías, centros sociais, o Pazo da Cultura e infraestruturas educativas e deportivas
A Garda Civil desmantela un grupo acusado de roubar en estacións de servizo na Coruña e a contorna
Hai catro detidos por oito roubos con forza en Arteixo, Abegondo, Sada e A Coruña, centrados nos caixóns de moedas dos boxes de lavado
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
Oleiros lidera unha acción conxunta para levar á Xunta aos tribunais polo financiamento da Dependencia e do SAF
Alternativa dos Veciños pide á Deputación da Coruña que cree unha oficina de apoio técnico e xurídico e asuma custos e defensa legal para os concellos que se sumen




