A música do alumnado de Abegondo ábrese ao público cunha semana de audicións

cartel escula municipal abegondoA Escola Municipal de Música de Abegondo prepara para esta semana unha nova edición da súa Semana das Audicións Abertas, unha iniciativa coa que o alumnado de instrumento compartirá co público o traballo realizado ao longo do curso.
A programación desenvolverase en tres xornadas, todas elas ás 19.00 horas. A primeira cita será o luns 9 de marzo, seguida dunha segunda sesión o mércores 11 e dunha terceira o xoves 12. As audicións terán lugar na aula número 1 do Centro Cultural O Salón.
A proposta permitirá que familiares, amizades e veciñanza poidan asistir ás interpretacións dos alumnos e alumnas da escola, nun formato aberto pensado para achegar a actividade do centro ao público e poñer en valor a formación musical que se desenvolve no municipio.
O acceso será libre ata completar a capacidade do espazo, polo que o Concello de Abegondo anima á cidadanía a asistir a estas sesións e apoiar ao alumnado nunha semana especialmente sinalada para a escola.