Novas de Abegondo
Mariñas Coruñesas leva a Fitur o eclipse solar, a súa nova base náutica e a sustentabilidade como bandeiras do ecoturismo
A Reserva inaugura na primavera unha Base de Actividades Ecoturísticas en Betanzos, lanza a campaña 'O noso corazón verde' e destaca un crecemento do 13% en visitantes
Mariñas Coruñesas presenta alegacións contra a central de bombeo de Meirama polo seu posible impacto ‘irreversible’
A entidade advirte de afeccións sobre o Monte Xalo e a conca do río Mero e alerta do efecto acumulado doutras infraestruturas enerxéticas proxectadas na zona
Viós celebrará 'As Candeas' cunha sesión vermú e degustación no pavillón do instituto
A cita será o domingo 1 de febreiro e contará coa actuación do 'Dúo Primera Fila' a partir das 13.30 horas
A Deputación da Coruña convoca a V edición dos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais con 42.000 euros en galardóns
As entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia poden presentar candidaturas ata o 3 de febreiro de 2026, ás 14.00 horas, a través da plataforma SUBTEL
Abegondo recibe a Leti da Taberna co monólogo 'Jastac Japi Jolidais' no Centro Cultural O Salón
A actuación será o venres 16 de xaneiro ás 21.00 h e propón unha comedia arredor do uso das redes sociais durante as vacacións; as entradas pódense reservar por correo ou teléfono
A Deputación da Coruña abre dúas liñas de axudas por 2 millóns de euros para impulsar a promoción económica en 2026
As subvencións van dirixidas a entidades empresariais sen ánimo de lucro e a concellos de menos de 50.000 habitantes, con solicitudes do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro
A Deputación da Coruña abre o prazo para presentar candidaturas aos IV Premios do Deporte
Hai 15 categorías e as propostas poderán rexistrarse ata o 30 de xaneiro ás 14.00 h a través da sede electrónica provincial
A comarca da Coruña prepárase para un sábado máis frío, con chuvascos pola tarde e posibilidade de neve no interior a partir dos 400-600 metros
MeteoGalicia prevé para a cidade da Coruña nubes e claros pola mañá e chuvascos débiles á tarde, con vento do nordés. A AEMET sitúa a cota de neve na metade norte arredor dos 400-600 metros, subindo ao final do día
O Consorcio As Mariñas reforza a recollida de lixo nos días clave do Nadal
Haberá rutas extra o 24, 26 e 31 de decembro e o 2 de xaneiro, mentres que o servizo pararase o 25 de decembro e o 1 de xaneiro
91 ANPAS da provincia piden as novas axudas da Deputación para actividades escolares en 2026
A liña FO202/2026 conta cun orzamento de 250.000 euros e permitirá conceder subvencións de entre 1.500 e 10.000 euros a asociacións de centros públicos
Abegondo volve xogar pola solidariedade co torneo de futsal 'Mételle un gol ó cancro' en San Marcos
O pavillón acollerá do 26 ao 28 de decembro partidos en categoría feminina e masculina, con comida, música e recadación a favor do Centro Oncolóxico de Galicia
O BNG celebra que o novo concurso de Nostián entre por fin na recta final e pide pensar xa en sumar máis concellos
Na Comisión Especial reunida este 16 de decembro no Pazo de María Pita, o Goberno local trasladou que a licitación sairá antes do 31 de decembro ou a comezos de xaneiro, mentres os nacionalistas reivindican un modelo baseado na redución, a reutilización e a reciclaxe
A Deputación da Coruña impulsa un plan con ASVINOR para mellorar a rastrexabilidade das plantas e dixitalizar os viveiros da provincia
A axuda provincial financiará formación, asesoramento e unha ferramenta dixital adaptada a cada tipoloxía de viveiro, un paso clave para acceder a certificacións de calidade e cumprir requisitos fitosanitarios
Raquel Rico García gaña o concurso fotográfico do calendario 2026 do Consorcio As Mariñas
A súa imaxe ‘Saída da lúa tras as torres da igrexa de Santiago’, tomada en Betanzos, levou o primeiro premio dun certame centrado no medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio
Alerta laranxa no mar por ondas de até 6 metros ao longo da costa coruñesa
O aviso de Aemet afecta ao litoral coruñés, con recomendación de extremar as precaucións en paseos marítimos, portos e areais
O alumnado do CEIP San Marcos conecta por videoconferencia con Papá Noel desde a Aula Cemit de Abegondo
O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, acompañou as nenas e nenos nesta actividade, na que falaron con Laponia para trasladar os seus agasallos e desexos de Nadal
A Xunta financia con 60.000 euros a mellora enerxética do campo de fútbol de Vizoño en Abegondo
O recinto deportivo renova a iluminación con proxectores LED e incorpora un sistema de auga quente por aerotermia, nun proxecto cofinanciado a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
A abegondesa Irene Domínguez presentará no Concello o seu conto infantil ‘La perrita que no podía dormir’
A veciña de Orto dará a coñecer o xoves o seu primeiro álbum ilustrado sobre Faíscas, unha cadeliña con insomnio, e o venres ofrecerá un contacontos na biblioteca municipal
Bebeto deixa a súa firma no Libro de Ouro municipal de Abegondo
O futbolista brasileiro visitou este domingo o concello, onde foi recibido polo alcalde, José Antonio Santiso



