Novas de Abegondo
O DOG publica as distincións das tres Medallas Emilia Pardo Bazán en favor da igualdade
Foron distinguidas a Asociación Saúde Mental A Mariña, a xuíza María Josefa Ruiz Tovar e as pioneiras do fútbol de Crendes
As Mariñas Coruñesas avanzan na definición de novos proxectos para impulsar a paisaxe e a biodiversidade
Os 17 concellos da Reserva de Biosfera traballan nun mapa de oportunidades ambientais con actuacións específicas para cada municipio
As cereixas volven tomar Vilacoba nunha das romarías máis doces de Abegondo
A festa na honra a San Paio celebrarase esta fin de semana, 4 e 5 de xullo, con música, sesión vermú, degustación gratuíta de cereixas e propostas gastronómicas
A gran festa familiar de Abegondo abre os últimos días para reservar mesa
O Concello celebrará o 12 de xullo unha nova edición de 'Abegondo en Familia' con churrasco, polbeira, música, inchables, obradoiros e verbena
Crendes celebra esta fin de semana as súas festas de San Pedro con música, comida e verbena
A parroquia de Abegondo vivirá tres días de celebracións do 27 ao 29 de xuño con sesións vermú, churrascada, sardiñada e actuacións musicais
Un obradoiro en Abegondo formará a 20 persoas en emprego verde e mellora de espazos públicos
O programa 'Reserva da Biosfera: Emprego Verde V' terá nove meses de duración e incluirá traballos forestais, actuacións en locais sociais e intervencións en zonas de uso público
A Mostra de Cans de Caza de Abegondo reúne a criadores e afeccionados nunha concorrida xornada en As Quintás
O exemplar "Capitán", chegado desde Antas de Ulla, foi distinguido como o mellor can do certame, mentres que o premio de Caza Maior recaeu nun sabuxo español de Vilarmaior
Praias máis limpas e zonas de baño máis seguras este verán na provincia da Coruña
A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros a reforzar a limpeza dos areais e o socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño
A noite de San Xoán comeza a prepararse en Abegondo coas solicitudes para as fogueiras
O Concello habilita un formulario para autorizar as lumeiradas e informar das normas que deberán cumprir as persoas solicitantes
Un obradoiro de emprego formará vinte persoas en construción e labores forestais
A iniciativa 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde V' desenvolverase durante nove meses nos concellos de Paderne, Abegondo, Bergondo, Carral, Oza Cesuras e Sada
Reclaman unha auditoría independiente tras difundirse imaxes de maltrato nunha granxa de visones de Abegondo
A Fundación Franz Weber critica a resposta da Xunta e pide inspeccións sorpresivas nas granxas de visón que continúan activas en Galicia
A cobertura da TDT reforzarase en Abegondo cunha axuda da Xunta
O Concello recibirá 2.232,25 euros para actualizar o centro de extensión de sinal e evitar problemas derivados dos cambios tecnolóxicos
O Xuventude Crendes celebra un ascenso que impulsa o fútbol feminino en Abegondo
O equipo feminino conseguiu o salto á Segunda División Galega tras unha campaña moi sólida, con 17 vitorias e só dúas derrotas
A creatividade en galego volverá a ser premiada no certame das Letras Galegas de Abegondo
O Concello abre ata o 15 de xuño o prazo para presentar traballos de narrativa, poesía, debuxo, pintura e audiovisual
Nova presión política para revisar o impacto da subestación eléctrica en Abegondo
O BNG reclama un estudo conxunto dos parques de 220 e 400 kV e das liñas de alta tensión asociadas, nun proxecto que mantén aberta a oposición municipal e veciñal en Folgoso
A viticultura sostible centra unha xornada técnica en Abegondo
O encontro ‘Infraestrutura verde e viticultura na IXP Betanzos’ celebrarase o 14 de maio na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Unha glorieta abrirá un acceso máis seguro ao novo centro de saúde de Abegondo
A actuación na AC-542 conectará a instalación sanitaria co CEIP San Marcos e co pavillón municipal, ademais de completar a urbanización exterior con aparcamentos e paso peonil
As persoas maiores poderán percorrer o Camiño Inglés nos novos 'Roteiros saudables' de Abegondo
O Concello retoma o programa este venres, 8 de maio, cunha primeira ruta de 12 quilómetros entre A Coruña e Alvedro
A música toma hoxe o Campo da Feira de Abegondo co AboriXe Fest
A cita celébrase este venres, 1 de maio, en Abegondo con entrada de balde e actuacións de Alex Martini, Kike Varela, Borja Solla, Bermu e Unaii
Un programa contra a soidade non desexada chegará a Ordes, Abegondo e Carral
Sanidade e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia impulsan o proxecto 'Aloumiños', que promoverá andainas saudables e actividades de dinamización social en 20 concellos
Un novo obradoiro dual abrirá oportunidades laborais e deixará melloras en varios concellos da comarca
Abegondo lidera xunto con Bergondo, Carral, Oza Cesuras, Paderne e Sada a quinta edición de 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde', un programa que formará a 20 persoas desempregadas e permitirá actuar en espazos públicos e edificios municipais
Podio en Portugal para África Muiño coa sinatura hípica de Abegondo
A amazona do club CR Sport Horses logrou a terceira posición en Matosinhos e confirma o bo momento dunha escola ecuestre asentada no municipio coruñés
Máis de 463.000 euros para reforzar a actividade de 120 entidades culturais da provincia
A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional do programa FO213/2026, dirixido a corais, bandas de música populares e colectivos de música e baile tradicional galego
A vivenda xuvenil gaña peso na comarca co proxecto de Abegondo como referencia
A enquisa impulsada polo Concello confirma o interese da mocidade por quedar no municipio, mentres outros concellos da contorna tamén moven ficha en promoción pública, rehabilitación e apoio ao acceso á casa




