As cereixas volven tomar Vilacoba nunha das romarías máis doces de Abegondo

ACoruñaXa
A festa na honra a San Paio celebrarase esta fin de semana, 4 e 5 de xullo, con música, sesión vermú, degustación gratuíta de cereixas e propostas gastronómicas
ABEGONDO romeria das cereixas
Imaxe da Comisión de Festas de San Paio de Vilacoba
2 Jul 2026

Vilacoba volverá converterse esta fin de semana nun dos puntos máis doces de Abegondo coa celebración da súa tradicional Romaría das Cereixas, unha cita popular ligada ás festas na honra a San Paio que reunirá veciñanza e visitantes os días 4 e 5 de xullo.

A programación arrancará o sábado coa misa solemne das 13.00 horas e continuará pola noite cunha verbena a cargo do dúo Crazy. O domingo chegará a xornada central da romaría, coa tradicional degustación gratuíta de cereixas, na que se repartirán arredor de 300 quilos desta froita entre as persoas asistentes.

A festa completarase con pulpo, bebida, sesión vermú e música a cargo de Punto Clave, a disco móbil Impacto e DJ Nyan Boe. A cita manterá así o seu carácter gastronómico e festivo, nunha celebración que cada ano atrae público ata esta parroquia de Abegondo.

Ademais da romaría, Vilacoba ofrece unha contorna ideal para aproveitar a visita e descubrir espazos naturais e patrimoniais próximos, como a zona do río Mero, o encoro de Beche ou a ponte de Beldoña.

0.13698196411133