Crendes celebra esta fin de semana as súas festas de San Pedro con música, comida e verbena

ACoruñaXa
A parroquia de Abegondo vivirá tres días de celebracións do 27 ao 29 de xuño con sesións vermú, churrascada, sardiñada e actuacións musicais
ABEGONDO crendes
26 Jun 2026

A parroquia de Crendes, en Abegondo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Pedro cun programa de tres días que combinará actos relixiosos, música, gastronomía e verbenas.

As celebracións comezarán o sábado 27 de xuño ás 9.00 horas con dianas e alboradas. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne e, a continuación, terá lugar a sesión vermú co grupo Eureka. Pola noite, a verbena contará co propio grupo Eureka e coa Disco Móbil Full. Durante a xornada haberá tamén callos gratis.

O domingo 28 de xuño celebrarase ás 13.00 horas a misa solemne na honra da Cofradía do Santísimo Sacramento. Despois chegará unha sesión vermú infinita co Trío Manhattan, con novos callos gratis e servizo de polbeira a cargo de La Antanera.

O luns 29 de xuño, día grande das festas, haberá misa solemne e procesión na honra a San Pedro ás 12.00 horas. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase unha gran churrascada e sardiñada con postre, café e pementos. A continuación, a festa continuará cunha gran verbena a cargo de Nueva Fuerza e Cinema.

A comisión de festas tamén anuncia un sorteo de 300 euros e a instalación dunha carpa para garantir o desenvolvemento das celebracións.

0.12551212310791