Algúns veciños de Abegondo terán que resintonizar a TDT este venres para seguir vendo a televisión

ACoruñaXa
Os cambios afectarán aos fogares que reciben o sinal do centro de extensión de Vilacoba, que modificará varias canles o 9 de outubro
fallos tdt- televisor-linea
5 Oct 2026

Os veciños de varias zonas de Abegondo terán que resintonizar os seus televisores este venres, 9 de outubro, debido ás actuacións que se están levando a cabo para adaptar os centros de extensión de cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT) á súa evolución tecnolóxica.

Os traballos executaranse no centro de extensión de cobertura de Vilacoba e implicarán cambios nas canles de televisión que reciben os fogares dependentes deste repetidor. Por este motivo, será necesario realizar unha nova busca de canles no receptor da TDT unha vez realizadas as intervencións.

Segundo a información facilitada pola Oficina da Televisión Dixital de Galicia, os cambios afectarán a residentes de diferentes puntos do municipio.

En concreto, están incluídos A Igrexa, Francos, Vilardel e Leiro, na parroquia de Leiro, así como A Aroxa, A Chan, Bouzoa, O Monte, O Picho, O Vieiro e Vilacoba, na parroquia de Vilacoba.

A actuación forma parte da primeira fase do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura da sinal de televisión.

Que deben facer os veciños afectados?

As persoas que reciban o sinal de televisión a través do centro de Vilacoba deberán realizar unha busca ou sintonización das novas canles no seu televisor ou receptor de TDT para recuperar a programación tras os cambios.

A Oficina da Televisión Dixital de Galicia habilitou o teléfono 881 866 388 para resolver dúbidas ou facilitar máis información sobre o proceso.

0.14874386787415