Unha viaxe en autobús levará á veciñanza de Vilarmaior a Santiago para gozar de 'A Serie Clopen'

ACoruñaXa | FerrolXa
A saída será o 11 de setembro desde a Casa do Concello e as prazas, limitadas, teñen un prezo de 5 euros
Centro Dramático Galego
27 Aug 2026

A veciñanza de Vilarmaior que o desexe poderá desprazarse ata Santiago de Compostela para asistir á representación de 'A Serie Clopen', unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Pablo Reboleiro.

A actividade terá lugar o venres 11 de setembro e contará cun servizo de autobús para facilitar o desprazamento. A saída será ás 15.10 horas desde diante da Casa do Concello, polo que se recomenda puntualidade.

A función comezará ás 18.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela e o regreso está previsto ás 20.00 horas, unha vez rematado o espectáculo.

'A Serie Clopen' combina acrobacias, danza, clown e comedia, cunha proposta escénica pensada para todos os públicos. A obra conta coa dirección de Pablo Reboleiro e coa dramaturxia de Clara Gayo e do propio director.

O custo da actividade é de 5 euros por persoa e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 10 de setembro chamando ao teléfono 981 781 709.

A iniciativa enmárcase no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que facilita que a veciñanza de diferentes localidades poida acudir aos espectáculos da súa programación.

0.15253901481628