A TDT cambiará de frecuencia en Doroña e obrigará a resintonizar os televisores

ACoruñaXa | FerrolXa
A actuación realizarase o 11 de setembro e afectará ás vivendas que reciben o sinal a través deste centro de extensión de cobertura
fallos tdt- televisor-linea
5 Sep 2026

A veciñanza que recibe o sinal de televisión a través do centro de extensión de cobertura de TDT de Doroña terá que resintonizar os seus televisores nos próximos meses debido a un cambio nas frecuencias de emisión.

A actuación está prevista para o venres 11 de setembro e forma parte do proceso de evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre que se está levando a cabo nos centros de extensión de cobertura de Galicia. No caso de Doroña, deixarase de utilizar a actual frecuencia do múltiple RGE2 na canle 42 e activarase unha nova frecuencia para o múltiple MPE4 na canle 45.

O cambio terá continuidade coa posta en marcha da Fase 1, prevista para o próximo 5 de novembro. Será a partir dese momento cando quede definida a nova distribución das frecuencias no centro de Doroña.

Para a veciñanza, o principal cambio será a necesidade de realizar unha nova busca de canles no receptor de TDT para poder continuar recibindo correctamente a programación. Nas comunidades de propietarios, ademais, pode ser necesario adaptar as instalacións colectivas de recepción do sinal.

A modificación afectará ás entidades de poboación que teñen o centro de extensión de cobertura de Doroña como principal punto de recepción. Para comprobar se unha vivenda está dentro da zona afectada ou consultar a calidade do sinal, a veciñanza pode contactar co teléfono 881 866 388.

0.15296697616577