Unha fonte histórica de Doroña entra na axenda rural da Xunta

ACoruñaXa
Carlos Vázquez traslada a Agader a necesidade de rehabilitar a fonte de Socamiño, un elemento tradicional ligado á vida veciñal de Vilarmaior
VILARMAIOR alcalde xunta fonte doroña
3 Jul 2026

O alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, mantivo unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, para abordar diferentes asuntos de interese para a veciñanza e avanzar na procura de colaboracións que permitan mellorar o municipio.

Entre os temas tratados destacou a rehabilitación da fonte de Socamiño, situada na parroquia de Doroña. O goberno local quere recuperar este elemento tradicional, vinculado ao patrimonio rural e á memoria dos lugares, co obxectivo de garantir a súa conservación e mellorar a súa contorna.

A actuación encaixa na liña de posta en valor de espazos públicos e bens tradicionais que forman parte da identidade das parroquias de Vilarmaior, un concello marcado pola dispersión poboacional e pola importancia dos pequenos núcleos.

Desde o Concello subliñan que este tipo de intervencións permiten conservar elementos que durante décadas tiveron un papel esencial na vida diaria da veciñanza, ademais de contribuír ao coidado do patrimonio local.

0.1214439868927