Vilarmaior ofrece un obradoiro de competencias dixitais para maiores de 55 anos

ACoruñaXa | FerrolXa
O programa Expertclick desenvolverase os martes 10 e 17 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, e require inscrición previa por teléfono
ordenador-dixital-educacion-colexio
28 Oct 2026

As persoas maiores de 55 anos poderán participar en Vilarmaior nun obradoiro de formación dixital do programa Expertclick, orientado a mellorar os seus coñecementos tecnolóxicos e facilitar o uso de Internet e dos dispositivos electrónicos na vida cotiá.

A iniciativa busca que as persoas participantes adquiran ferramentas para navegar pola rede con seguridade e confianza, utilizar o teléfono móbil ou a tableta e comunicarse mediante videoconferencias. A formación tamén abordará cuestións prácticas como realizar xestións bancarias en liña, pedir unha cita médica ou facer compras a través de Internet.

Ademais, o programa ofrecerá orientacións para aproveitar as posibilidades de lecer que proporciona a rede, co obxectivo de favorecer unha utilización máis autónoma das tecnoloxías dixitais.

O obradoiro celebrarase en dúas sesións, os martes 10 e 17 de novembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 78 17 09.

0.16772198677063