Novas de Carral
Un obradoiro de emprego formará vinte persoas en construción e labores forestais
A iniciativa 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde V' desenvolverase durante nove meses nos concellos de Paderne, Abegondo, Bergondo, Carral, Oza Cesuras e Sada
O bus de doazón de sangue fará parada o mércores 3 de xuño en Betanzos e Carral
A unidade móbil atenderá pola mañá e pola tarde na praza Irmáns García Naveira e desprazarase tamén ao Campo da Feira de Carral
O patinaxe de Cambre e Carral brilla no Campionato de España de parellas de danza
María Bilbao e Iago Cacheiro proclamáronse subcampións estatais, mentres Zaira Sánchez e Fabián Martínez completaron a participación do CP Alquimia cunha destacada quinta posición
Unha reforma integral cambiará a mobilidade na rúa Souto de Carral
O goberno local levará ao pleno a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para financiar unha actuación de 233.658,19 euros
A veciñanza decidirá novos usos para a ampliación do Campo da Feira de Carral
O Concello abriu un proceso participativo para recoller propostas sobre o futuro deste espazo, que gañou arredor de 650 metros cadrados
As flores volverán encher Tabeaio de música, tradición e encontro veciñal
A Festa das Flores celebrarase o 31 de maio con sesión vermú, pandeireteiras, baile de tarde e pulpeira
O Consorcio das Mariñas vixilará os vertidos xunto ós contenedores
O ente supramunicipal reforzará o control coa Brigada Cívica e a Policía Local tras detectar un aumento do abandono de residuos voluminosos na vía pública
O Atlético de Madrid escolle Carral como unha das súas sedes do seu campus de verán
A actividade desenvolverase do 29 de xuño ao 4 de xullo no campo municipal Borja Rodríguez Ans e estará dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos
Máis de 5.000 bocadillos vendidos na Festa do Pan de Carral
A cita gastronómica pechou a súa XXII edición con boa resposta de público malia o mal tempo e cos talleres infantís como unha das actividades máis demandadas
Froita e leite para fomentar hábitos saudables nas escolas
Dezaoito centros da área metropolitana da Coruña participan este curso no programa da Xunta, que repartirá 26.875 quilos de froita e 79.958 litros de leite
O pan volve encher o Campo da Feira de Carral nunha festa con sabor a tradición
A XXII Festa do Pan de Carral pechou dous días de celebración con longas colas, obradoiros infantís, música, feira medieval e o recoñecemento ao oficio das familias panadeiras
Unha década de aulas, recordos e futuro no IES de Carral
A comunidade educativa celebrou o décimo aniversario do centro nun encontro con alumnado, profesorado, antigos estudantes e representantes municipais
Novas comisións aclararán os límites de Culleredo con Cerceda, Carral e Arteixo
O pleno aprobou a creación de comisións de deslinde con Cerceda, Carral e Arteixo para definir con maior precisión os límites do termo municipal
A Festa do Pan levará a Carral música, tradición e feira medieval
A XXII edición celebrarase os días 9 e 10 de maio no Campo da Feira, con venda de produto, obradoiros infantís, animación de rúa e actuacións musicais
Baldo Ramos e Sara Plaza gañan o Premio de Poesía Concello de Carral
O certame recoñece por primeira vez unha autoría dobre coa obra 'Porcelana e chumbo', elixida por unanimidade entre 77 propostas
Flores e memoria unen Carral e Cacheiras no aniversario dos Mártires
O alumnado dos IES de Carral e de Cacheiras participou nunha ofrenda floral ante o monumento que lembra a revolta liberal de 1846
Un novo obradoiro dual abrirá oportunidades laborais e deixará melloras en varios concellos da comarca
Abegondo lidera xunto con Bergondo, Carral, Oza Cesuras, Paderne e Sada a quinta edición de 'Reserva de Biosfera: Emprego Verde', un programa que formará a 20 persoas desempregadas e permitirá actuar en espazos públicos e edificios municipais
Iván Ares roza o triunfo europeo cunha prata de prestixio en Sierra Morena
O piloto de Carral e o seu copiloto, Borja Rozada, remataron segundos absolutos no Rallye Sierra Morena, primeira cita do FIA ERC e segunda proba do Supercampionato de España de Ralis, só por detrás de José Antonio Suárez e Alberto Iglesias
A rítmica volverá encher de movemento a primavera deportiva cun certame xa consolidado en Carral
O concello celebrará o 19 de abril a vixésimo terceira edición do seu Certame Municipal de Ximnasia Rítmica, unha cita non competitiva que reunirá arredor de 250 deportistas no pavillón do colexio Vicente Otero Valcárcel
A cociña súmase á oferta infantil da OMIX cun novo taller en Carral
O programa 'EN-Acción' levará o venres 17 de abril ao Local Interxeracional un obradoiro gratuíto para nenos e nenas de 8 a 12 anos, en horario de 17.00 a 18.30 horas
O deporte feminino gaña bancada con 'Carral en equipo'
O Concello promoverá desprazamentos gratuítos para animar aos clubs locais en citas de ximnasia rítmica, fútbol e patinaxe, cunha aposta clara pola visibilidade das disciplinas femininas
Carral conmemorará en abril o 180 aniversario dos Mártires cun programa de homenaxes, recreación histórica e teatro
A entrega do Premio Mártires da Liberdade 2026 a Xesús Santos Suárez, a recreación da Batalla de Cacheiras e unha ofrenda floral no monumento centrarán os actos previstos para os días 17, 25 e 26
Unha vida entregada á cultura e á memoria recibe en Carral o Premio Mártires da Liberdade
A Asociación Cultural e Teatral 'Abril de Lume e Ferro' entregará este venres 17 de abril, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura o galardón de 2026 a Xesús Santos Suárez, dentro dos actos do 180 aniversario do Alzamento de 1846
O pulso emprendedor gaña forza na contorna coruñesa
Arteixo, Oleiros e Culleredo sitúanse entre os concellos con mellor comportamento no arranque do ano, nun mapa empresarial que tamén deixa novos movementos en outros concellos das mariñas




