Xogos infantís e música tradicional para animar a gran foliada de Carral

ACoruñaXa
A cita celebrarase este venres, 8 de maio, no Campo da Feira, cunha programación aberta á veciñanza desde as 18.00 horas
CARRAL foliada
8 May 2026

Carral celebrará este venres, 8 de maio, unha gran foliada no Campo da Feira, unha proposta festiva organizada pola Comisión de Festas de Carral que combinará actividades para a cativada e música tradicional.

A programación comezará ás 18.00 horas con xogos populares infantís, pensados para que os máis pequenos poidan gozar dunha tarde de lecer en familia. A partir das 20.00 horas dará comezo a gran foliada, coa participación de diversas agrupacións populares.

A cita busca reunir á veciñanza arredor da música e da tradición, nun ambiente festivo aberto á participación. Ao remate da foliada, a festa continuará no Rochinchefee II.

O encontro forma parte das actividades que dinamizan a vida social e cultural do municipio, apostando por propostas nas que a música popular e a convivencia veciñal teñen un papel protagonista.

0.14717102050781