Novas de Carral
Alternativa reclama explicacións pola ampliación pendente do CEIP Vicente Otero Valcárcel
A formación de Carral pide á Consellería de Educación que aclare en que fase está unha actuación prevista para 2026, ligada a unha partida de 800.000 euros e concibida para ampliar e modernizar o centro
O acondicionamento de parcelas cedidas en Carral permitirá gañar novas prazas de aparcadoiro
O Concello traballa no acondicionamento de terreos situados nas rúas Río da Melra e Vicente Otero Valcárcel para destinalos a aparcadoiro e reforzar así a capacidade de estacionamento na vila
O Campo da Feira sumará en Carral máis espazo para o encontro veciñal
O Concello ampliará este ámbito público en preto de 650 metros cadrados tras a cesión dun terreo por parte da promotora que remata os edificios da contorna e que, ademais, asumirá a urbanización do novo espazo
As Mariñas abre a renovación do seu comité de ética para reforzar a intervención social
O Consorcio activa a convocatoria para incorporar novas vogalías ao CEIS, un órgano que asesora sobre os dilemas éticos nos servizos sociais e busca mellorar a atención á veciñanza
Carral reforza a posta a punto do parque infantil do Campo da Feira tras as queixas das familias
O Concello acomete labores de baldeo e limpeza na área de xogos despois de que usuarios advertisen da presenza de verdín, musgo e malas herbas nun espazo que levaba tempo sen este tipo de mantemento
Unha finca cedida desbloquea o saneamento que agardaba Gosende
O Concello de Carral completa o último trámite para licitar as obras en Tabeaio, financiadas polo Plan Único da Deputación, cun investimento de 278.358,51 euros
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Máis de 12 millóns para manter a rede provincial: así se reparte o plan de estradas en 2026
A Deputación da Coruña aproba o Plan de Conservación de Vías Provinciais, que sobe un 7,5% e inclúe obras en máis de 2.000 quilómetros, con lotes que tamén abranguen concellos das Mariñas e da contorna de Santiago
A Deputación activa a concesión provisional de 770.000 euros para soster o persoal técnico de cultura nos concellos
O programa FO206/2026 reparte axudas entre un máximo de 63 entidades locais e abre un prazo de dez días hábiles para alegacións tras a súa publicación no BOP
Aberto o prazo para participar no 29º Premio de Poesía Concello de Carral
O certame, un dos referentes da poesía galega, premiará con 3.500 euros o poemario gañador, que publicará Edicións Espiral Maior
Carral abre inscrición para dous obradoiros gratuítos sobre saúde infantil e alimentación segura
As sesións serán o 25 de marzo e o 8 de abril en horario de mañá, con prazas limitadas e matrícula dispoñible ata o 18 de marzo
O ximnasio municipal de Carral trasládase ao pavillón do Espiño polo inicio das obras no Complexo Deportivo
Dende hoxe, mércores 18 de febreiro, o servizo mantén os horarios habituais mentres dura a reforma interior, que reorganizará espazos, gañará superficie para as máquinas e porá ao día acabados e instalacións
O Entroido de Carral encheu o Campo da Feira cun desfile multitudinario e moita creatividade nos disfraces
A festa celebrouse o domingo 15 de febreiro e incluíu concurso con preto de 2.500 euros en premios e música en directo para pechar a xornada
A borrasca Oriana deixará un sábado con vento e mar axitado na costa da Coruña
MeteoGalicia mantén avisos por fenómeno costeiro no tramo Coruña Noroeste e prevé ondas de 5 a 6 metros, mentres no interior o tempo irá a menos co avance das altas presións
A Xunta avaliará o proxecto dunha nova depuradora en Carral para mellorar o saneamento
Augas de Galicia revisará a proposta municipal e estudará vías de colaboración e financiamento para unha infraestrutura chamada a substituír e reforzar o servizo que presta hoxe a EDAR do Quenllo
Carral impulsa a inclusión dixital das persoas maiores con cursos gratuítos de iniciación á tecnoloxía
Os obradoiros, dirixidos a maiores de 60 anos, celebraranse do 9 ao 12 de marzo en horario de 10.00 a 13.00 horas e a inscrición poderá facerse ata o mércores 18 de febreiro
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
A pista deportiva exterior de Carral renóvase con iluminación LED e marcado federativo
A Xunta achega 35.000 euros a unhas obras valoradas en 50.000 euros que melloran a seguridade e a vida útil da instalación
O concurso de disfraces do Entroido en Carral repartirá preto de 2.500 euros e pechará a festa con música en directo
O desfile arrincará o domingo 15 de febreiro ás 17.00 horas e rematará no Campo da Feira, onde se entregarán os premios ás 20.00 horas e actuará Somoza Trío ás 21.30




