Os Bolechas regresan a Ordes coa súa nova aventura musical ‘Aquí hai moito ruído!’

ACoruñaXa
A familia máis popular da animación galega actuará este sábado 7 de novembro, ás 12.00 horas, no auditorio María del Carmen Regueira Amor da Casa da Cultura
BOLECHAS
5 Nov 2026

Os Bolechas regresan a Ordes un ano máis cunha nova aventura dirixida ao público familiar. A cita será este sábado, 7 de novembro, ás 12.00 horas, no auditorio María del Carmen Regueira Amor, situado na Casa da Cultura.

Nesta ocasión, baixo o título ‘Aquí hai moito ruído!’, os protagonistas descubrirán o fascinante mundo da música. Porén, a aventura dará un xiro inesperado cando un misterioso personaxe faga desaparecer todos os sons. Os instrumentos, as voces e as cancións irán quedando en silencio, polo que Os Bolechas terán que emprender unha trepidante investigación para descubrir que aconteceu e onde se atopan os sons desaparecidos.

A actividade forma parte do programa FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027 e a área de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa busca achegar propostas de lecer de calidade en lingua galega aos concellos adheridos.

Nesta nova edición, a popular familia visitará un total de 21 municipios galegos cun espectáculo lúdico e familiar pensado para que os máis pequenos gocen dunha experiencia de lecer en galego.

0.14194202423096