Ordes acollerá o 18 de outubro unha comida solidaria contra o cancro

ACoruñaXa
A cita terá lugar no pavillón Campomaior e os fondos recadados destinaranse á investigación oncolóxica e a manter servizos gratuítos para pacientes e familiares
ORDES comida cancro
4 Oct 2026

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes organizará o vindeiro domingo 18 de outubro unha nova edición da súa tradicional Comida Solidaria, unha iniciativa destinada a recadar fondos para apoiar a investigación oncolóxica e manter os servizos gratuítos de atención e acompañamento a pacientes e familiares.

O evento terá lugar ás 14.00 horas no pavillón Campomaior e contará cun xantar servido polo restaurante Casa Taboada, de Touro. A xornada incluirá diferentes sorpresas para as persoas asistentes e estará amenizada pola actuación musical de Carlos Manteiga.

Os tíckets teñen un prezo de 45 euros para persoas adultas e 20 euros para nenos e nenas. Poderán adquirirse ata o mércores 14 de outubro en diferentes establecementos de Ordes, así como a través dos membros da directiva da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro.

A organización anima á veciñanza de Ordes e dos municipios próximos a participar nesta iniciativa solidaria, cuxa recadación permitirá contribuír tanto ao avance da investigación contra o cancro como ao mantemento dos servizos de apoio que a entidade ofrece de maneira gratuíta a pacientes e familiares.

O Concello de Ordes colabora novamente na organización desta actividade e fai un chamamento á cidadanía para sumarse á iniciativa e contribuír a esta causa.

0.10406899452209