Pakolas leva á Biblioteca de Ordes o espectáculo infantil 'Ramona Órbita, a dona do tempo'

ACoruñaXa
A actuación será este venres, 30 de outubro, ás 18.00 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos
ORDES pikolas
27 Oct 2026

A música e a narración oral serán as protagonistas este venres na Biblioteca Municipal de Ordes, que acollerá unha nova sesión do programa 'Tardes de Contos e Lendas'. Nesta ocasión, o artista Paco Cerdeira, coñecido como Pakolas, presentará o seu espectáculo 'Ramona Órbita, a dona do tempo', unha proposta pensada para achegar as crianzas á lectura a través dos contos e das cancións.

A actividade comezará ás 18.00 horas e está dirixida ao público infantil de entre 4 e 7 anos. A través dunha combinación de música e narración oral, a sesión busca estimular a imaxinación dos máis pequenos e fomentar o seu interese polos libros e as historias.

A participación é gratuíta, pero a capacidade está limitada a 30 persoas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. As familias interesadas poden anotarse presencialmente na Biblioteca Municipal de Ordes ou chamar ao teléfono 981 681 992.

'Tardes de Contos e Lendas' forma parte do programa 'Ler conta moito', promovido pola Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas para impulsar a animación á lectura mediante actividades culturais.

0.12666487693787