Novas de Ordes
As granxas de Ordes deixan atrás o confinamento pola gripe aviaria
O levantamento das restricións chega ás explotacións que aínda seguían afectadas na contorna do encoro de Vilagudín, con Ordes entre os municipios que continuaban baixo esa medida xunto a Cerceda e Tordoia
O patinaxe artístico volverá citarse en Castelao I co IX Trofeo Concello de Ordes
A competición disputarase o domingo 19 de abril, de 9.30 a 14.00 horas, nun municipio que vén consolidando esta disciplina da man do Club Patinaxe Galia
Dobre campaña en Ordes para impulsar o comercio local polo Día da Nai e do Libro
AECOR activa dúas iniciativas simultáneas co apoio do Concello de Ordes e da Xunta para premiar as compras de proximidade con agasallos tecnolóxicos, unha sesión fotográfica, entradas para un contacontos e pases para inchables
O programa 'Atrápame se podes' busca en Ordes novos aspirantes para dar o salto ao plató
A productora realizará este mércores 8 de abril un casting no Campo da Feira, de 11.00 a 14.30 horas, para incorporar concursantes maiores de idade
Un calendario para correr a provincia de punta a punta
O XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña suma 36 probas ao longo de 2026 e deixa dúas citas destacadas en Ordes e Cambre
A nova mazá de panteóns do cemiterio municipal abre o prazo de reservas en Ordes
O anuncio municipal reactiva un proxecto ligado á ampliación do camposanto do Balado, planificada desde 2021 e dimensionada para incorporar 96 panteóns, ademais de furnas e cinceiro
Merelle move ficha para a súa ampliación cunha toma de datos sobre o terreo
As persoas propietarias das parcelas afectadas están convocadas entre o 20 e o 22 de abril para facilitar os traballos técnicos nun ámbito chamado a converterse nunha das grandes bolsas de solo industrial de Ordes, prevista no PXOM como S-12
O pleno municipal dá luz verde en Ordes á corrección do PXOM sobre os equipamentos urbanos
A corporación aprobou provisionalmente a modificación puntual nº 1 do plan para adaptar a edificabilidade das parcelas dotacionais en solo urbano
O repintado na Rúa da Feira e na Rúa do Muíño obrigará a retirar os vehículos durante 14 horas
O Concello de Ordes prohibe estacionar este venres 27 de marzo, entre as 8.00 e as 22.00 horas, para executar traballos de renovación da sinalización horizontal
Máis de 762.000 euros para reforzar o persoal cultural dos concellos da provincia
A liña da Deputación chega a 63 entidades locais e reforza os servizos culturais municipais na comarca das Mariñas e no conxunto da provincia
Máis de dez millóns para mellorar firmes chegan a once concellos da contorna coruñesa
O plan inclúe actuacións xa en marcha e novas licitacións para mellorar a seguridade viaria e o estado das estradas autonómicas
Mondra e Mägo de Oz encabezarán a Festa do Champiñón de Ordes
O Concello adianta os dous grandes reclamos musicais da 35ª edición dunha cita que cada abril reforza o peso festivo e gastronómico da vila
Aberto o prazo para participar no Semana Santa Camp de Ordes
O Concello pon en marcha unha nova proposta de conciliación para as mañás do 30 e 31 de marzo e do 1 e 6 de abril, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos
A Xunta activa un plan de 3,5 millóns para renovar estradas en sete concellos coruñeses
O contrato inclúe actuacións en vías autonómicas de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras, con obras previstas sobre máis de 28,6 quilómetros
Uxía Mariño conquista o ouro galego en Santiago e sitúa a Ordes entre os nomes propios do karate base
A deportista gañou en kumite xuvenil feminino de máis de 52 quilos no Campionato Galego Infantil 2026, disputado no Multiusos Fontes do Sar, nunha cita na que a Escuela Deportiva Shihan liderou o medalleiro por clubs
Un curso intensivo de socorrismo abrirá novas oportunidades laborais en Ordes e contorna
A Mancomunidade de Ordes impulsa, xunto coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, unha formación específica con proba de acceso o 20 de marzo e prezos reducidos para persoas empadroadas nos concellos integrados no organismo supramunicipal
Unha andaina reivindicativa percorrerá o Monte Xalo para poñer o foco na defensa da auga e do territorio
ADEGA, a Asociación de Montes Veciñais da Parroquia de Celas e o Colectivo das Pedras Galladas convocan para o domingo 15 de marzo unha xornada aberta á veciñanza con roteiro, xantar de convivencia e unha charla sobre a ameaza da central hidroeléctrica de Meirama
O BNG de Ordes pide engadir vías de servizo ao proxecto da rolda sur-oeste
Os nacionalistas presentan alegacións á futura circunvalación de Ordes para reclamar accesos ás fincas afectadas por unha actuación chamada a unir a N-550 coa AC-413 e a desviar tráfico pesado do centro
A hostalaría local ten unha cita co sabor no novo concurso 'Ordes de Tapas'
O Concello abre o prazo para que bares e restaurantes se sumen a unha iniciativa que se celebrará os días 29 e 30 de maio e 5 e 6 de xuño co obxectivo de dinamizar a gastronomía e atraer visitantes



