Novas de Curtis
A plantilla de Losán pide axilidade ao xulgado mentres agarda unha saída para Curtis e Vilasantar
O comité traslada a súa preocupación pola situación social das familias afectadas, co plan de reestruturación xa remitido aos acredores e pendente do seu percorrido xudicial
Teixeiro abre unha nova vía para que os avogados atendan aos internos sen desprazarse
O centro penitenciario activa un sistema telemático co Colexio de Avogados da Coruña e programa charlas, visitas e actividades culturais entre o 18 e o 22 de maio
A escrita en galego volve ter premio co certame de narrativa curta de Curtis
A XXI edición terá como tema 'O exame' e repartirá premios de ata 700 euros nas categorías xuvenil e adulta
O futuro das plantas coruñesas de Losán segue pendente do respaldo dos acredores
A información coñecida sobre o plan de reestruturación apunta a unha reactivación progresiva dos centros en hibernación, pero non detalla de forma pública o alcance para Curtis e Vilasantar
Os relatos premiados levan a celebración das Letras Galegas aos comercios de Curtis e Teixeiro
O Concello reparte exemplares do último libro editado co obxectivo de achegar a literatura en galego á veciñanza
A planta de biogás de Teixeiro esperta dúbidas entre a veciñanza
A Asociación de Veciños de Teixeiro reclama máis información sobre os proxectos previstos no polígono
O deporte provincial recibe preto de 770.000 euros para material, instalacións e transporte
As axudas da Deputación beneficiarán a 84 entidades, con presenza destacada de clubs da Coruña, Oleiros, Arteixo, Betanzos, Curtis, Culleredo e Sada
Unha vaga de actos vandálicos causa danos en varios espazos públicos de Curtis
O Concello prepara unha denuncia ante a Garda Civil e pide colaboración veciñal para identificar os responsables
A carreira solidaria contra o cancro unirá Curtis e Teixeiro o 10 de maio
A sétima edición da proba terá un percorrido de 11 quilómetros, con saída desde o pavillón de Curtis e chegada á Praza de España de Teixeiro
O Congreso pide acompañar o plan de viabilidade de Losán nun momento decisivo para Curtis e Vilasantar
A iniciativa aprobada na Comisión de Industria e Turismo reclama que o Ministerio de Industria e a SEPI se impliquen nunha saída que preserve a actividade da maderera galega e o emprego nas súas plantas
Unha nova base náutica reforza a conexión de Betanzos co Mandeo e coa súa ría
O equipamento da Tolerancia permitirá desenvolver actividades ecoturísticas e complétase coa instalación dun pantalán, cun investimento total de máis de 345.000 euros financiado con fondos europeos
A crise de Losán volve á rúa ante o temor a perder 150 empregos
A plantilla concentrouse en Curtis para reclamar salarios, futuro industrial e unha saída urxente antes de que remate o prazo do preconcurso
Curtis estrea os galardóns 'Sementes de Igualdade' para recoñecer o compromiso cunha sociedade máis xusta
José Ángel Vázquez Yáñez e Ana Rodríguez Piorno recibirán este sábado, 25 de abril, os primeiros premios nun acto aberto á veciñanza en Teixeiro
Curtis distingue o compromiso coa igualdade de Ana Rodríguez Piorno e José Ángel Vázquez Yáñez
O novo galardón municipal 'Sementes de Igualdade' recoñece en 2026 o labor da xuíza de Betanzos e do director do Centro Penitenciario de Teixeiro pola súa implicación na defensa das mulleres e na loita contra a violencia de xénero
Un reencontro cargado de emoción mantén viva a memoria de Faragulla en Teixeiro
O I Encontro 'Faragulla no Tempo', celebrado este sábado 18 de abril no Centro Etnográfico do Río Mandeo, reuniu antigas e actuais integrantes da asociación nunha xornada de lembranzas, obradoiros, música e convivencia máis de 45 anos despois do nacemento da entidade
Curtis pecha 2025 con superávit, máis liquidez e pago a provedores en menos de 12 días
A liquidación do orzamento confirma unha capacidade de financiamento de 875.079 euros e un remanente de tesourería superior aos 2 millóns, segundo destaca o goberno local
Augas de Galicia activa dous trámites clave sobre o futuro hidroeléctrico do Tambre
O organismo abriu a extinción do título concesional de Naturgy para os saltos Tambre I, II e III e, en paralelo, reactivou o concurso para unha central reversíbel no río coa eléctrica entre as empresas admitidas
O debate sobre o impacto das plantas de biogás chega a Teixeiro nun acto aberto á veciñanza
O BNG de Curtis celebrará este venres 17 ás 20.00 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro unha charla sobre o futuro destes proxectos en Galicia coa participación de Lucas Quintas, Olaia Ledo e Daniel López Vispo
Máis de 2.100 sinaturas chegan a ADIF para reclamar un paso seguro na estación de Teixeiro
O Concello de Curtis trasladou á presidencia do administrador ferroviario o manifesto veciñal e 2.143 apoios para pedir unha solución ao peche do paso peonil, un conflito que segue aberto pola falta dunha alternativa accesible e segura
Final feliz tras a busca de Daoud, o mozo desaparecido en Vilasantar
O rapaz de 17 anos foi localizado ás 6.30 horas deste martes na estrada entre Teixeiro e Sobrado dos Monxes, á altura das Cruces, por unha patrulla da Garda Civil de Curtis
Dúas pratas e varios bronces avalan a boa actuación do CD Hydra no Máster Territorial de Viveiro
Seis xogadores sénior do club participaron na cita celebrada o 12 de abril cun balance positivo en resultados e sensacións de xogo
O conflito de Losán chegará ao pleno de A Coruña cunha petición de apoio institucional
Miguel Lorenzo anuncia unha iniciativa para que o Concello da Coruña se adhira ao acordo impulsado polos 12 municipios máis afectados pola crise do grupo, que tamén mantén 40 traballadores na cidade
Unha charla para non perder nin un euro da PAC chegará a Teixeiro
O Centro Etnográfico acollerá o 16 de abril ás 12.00 horas unha sesión informativa sobre a campaña de 2026, marcada polos cambios normativos, a dixitalización dos controis e a elección dos eco-réximes
A Casa Museo María Antonia Dans abre unha mostra que une paisaxe e tradición con Lucía Torres e Xosé Casal
O espazo cultural de Curtis acolle unha nova exposición conxunta na que dúas miradas distintas coinciden na reivindicación das raíces, da memoria e da identidade galega




