O CD Hydra brilla no Provincial con cinco podios en oito categorías

O CD Hydra completou unha destacada actuación no Campionato Provincial de Bádminton, celebrado este sábado 6 de xuño en Serra de Outes, onde conseguiu subir ao podio en cinco das oito categorías en xogo.
A expedición do club pechou a competición cun balance de dous ouros, dúas pratas e un bronce, un resultado que confirma o bo momento da súa canteira e o traballo desenvolvido durante a tempada.
Os títulos provinciais chegaron da man de Álvaro Yáñez, na categoría infantil, e de Darío, en alevín. Pola súa banda, Sofía acadou a prata en benxamín e Aroa fíxoo en infantil. O medalleiro completouno Héctor, que conseguiu o bronce na categoría cadete.
Máis alá dos podios, o resto da expedición tamén deixou boas sensacións sobre a pista. Carlos, Mario, Vega, Xulia, Ivana, Aarón, Carolina, Celtia, Elena e Álvaro Loureiro disputaron encontros de gran nivel, e a maioría conseguiron superar a fase de grupos e chegar ata os cuartos de final.
O club destacou o esforzo de todos os seus deportistas e celebrou unha xornada que reforza o crecemento do bádminton de base dentro da entidade.