Novas de Curtis
A ITV volverá a Curtis con catro xornadas de inspección para turismos no recinto feiral
O servizo prestarase os días 13, 15, 16 e 17 de abril, con horario de mañá e tarde agás na última xornada, que será só pola mañá. A cita previa xa pode solicitarse por teléfono ou na web da concesionaria
Asociación Cultural Faragulla, 45 anos de memoria viva en Teixeiro
Faragulla converteuse nun referente da tradición en Curtis: un espazo de música, baile e encontro interxeracional que mira ao futuro sen perder as raíces
Losán eleva a presión sobre a Xunta cun aviso de fondo: 200 empregos seguen pendentes dunha saída urxente
O comité reclama unha mesa negociadora inmediata para desbloquear a crise nas plantas de Curtis e Vilasantar e denuncia que a empresa non presentou un proxecto industrial crible
Renovación socialista en Curtis con Fernando Rey Leira á fronte da agrupación local
O novo secretario xeral do PSdeG no municipio sitúa entre as súas prioridades a vivenda, os servizos públicos, o mantemento urbano e o apoio ao tecido asociativo e comercial
A mostra 'De cando as vacas son vacas' despídese de Curtis tras máis de dous meses de apertura
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou na clausura da exposición de José Luis Míguez na Casa Museo de María Antonia Dans, un espazo que se foi consolidando como referente da actividade cultural no municipio
A feira que revive o pasado abre o prazo para montar posto este verán en Curtis
A organización de 'Curtis na Lembranza, As Feiras do 1900' inicia as inscricións para participar na cita dos días 25 e 26 de xullo, unha recreación histórica que rende homenaxe aos mercados que impulsaron o crecemento da vila
A presión veciñal medra contra o 'muro' de ADIF na estación de Teixeiro
A Plataforma Veciñal reúne xa 2.051 sinaturas para reclamar unha solución urxente ao peche do paso peonil, unha medida que consideran que parte o núcleo en dous e agrava os problemas de accesibilidade e seguridade
Javier Caínzos, alcalde de Curtis, reclama a adhesión da Coruña á fronte común para salvar Losán
O alcalde de Curtis pide a Inés Rey que o Concello coruñés se sume ao acordo impulsado por oito municipios para reforzar a presión sobre a SEPI e os ministerios de Industria e Economía ante a crise do grupo madeireiro
Dúas pratas de mérito impulsan o bo momento do CD Hydra en Tui
O club de Teixeiro, en Curtis, regresou do Torneo Territorial sub 13 e sub 17 cun subcampionato para Lucía e Valeria en dobres e outro para Darío en individual
A gran cita da terceira idade en Curtis celebrará en abril as súas 'Bodas de Prata'
O Concello de Curtis convoca a XXV Xuntanza dos Maiores para o domingo 19 de abril no pavillón polideportivo de Teixeiro, cun prazo de retirada de invitacións aberto ata o 10 de abril
Máis de 1.100 árbores autóctonas crearán novos corredores ecolóxicos en Curtis
A Xunta inicia en Fisteus unha plantación ligada á concentración parcelaria coa implicación da veciñanza e de propietarios de fincas da zona
3,5 millóns para contratar máis de 400 persoas e reforzar servizos municipais na provincia
A Deputación da Coruña activa unha nova edición do PEL-Concellos, con axudas para 90 concellos e partidas destacadas na área da Coruña e en varios municipios das Mariñas e da contorna de Ordes
Sete medallas de bronce impulsan ao Hydra no Campionato Galego Sénior de bádminton
Cinco xogadores do club de Teixeiro subiron ao podio en Cedeira con catro terceiros postos en individuais e tres en dobres, nunha cita autonómica organizada pola Federación Galega de Bádminton
A Xunta quere levar a intelixencia artificial á xestión do lixo para afinar rutas e mellorar o reciclaxe
A conselleira Ángeles Vázquez visitou a planta de transferencia de Sogama en Curtis e avanzou un plan dixital de máis de 2,8 millóns de euros que dará aos concellos datos case en tempo real sobre a recollida
As familias levan á rúa o clamor pola escola pública este sábado na Coruña
A manifestación sairá ás 11.00 horas da Praza de Ourense e rematará no Parrote, convocada pola Federación Provincial de ANPAS para reclamar máis persoal, menos ratios e centros seguros e accesibles
A plantilla de Losán intensifica a presión polo impago de nóminas e a falta de garantías de futuro
Concentración diante das oficinas do grupo na Coruña para reclamar o cobro inmediato e un plan de viabilidade para as plantas de Curtis e Vilasantar
Os coches clásicos toman as rúas este domingo na II KDD Ruta Clásicos
A quedada promovida por Clásicos Coruña levará vehículos históricos e deportivos por Teixeiro e Curtis, cunha xornada prevista entre as 10.30 e as 19.30 horas
A AECC abre en Teixeiro un espazo de diálogo para falar do cancro con información clara e apoio
A charla gratuíta 'Falamos de cancro' celebrarase este xoves 26 de febreiro ás 19.00 no Edificio de Usos Múltiples, coa doutora Julia Rodríguez, responsable da Unidade de Mama do HM Modelo
Curtis intensifica as inspeccións do lixo e abre expedientes polo mal uso dos colectores
O Concello detectou vertidos fóra de lugar en varias zonas de Curtis e Teixeiro e advirte de sancións mentres reforza as chamadas ao civismo




